Todos contra a estrada de Vincios-Couso. Todos contra a inseguridade viariaria da mesma.
Digamos non e mobilicémonos en contra dunhas obras que non son as que nos prometeu a Xunta de Galicia antes das elección municipais do 22 de maio. Onde está o goberno municipal do PP ?., que tiña que estar pelexando polos interes e pola seguridade viaria dos veciños de Gondomar. Onde está a Entidade Local Menor?, que non da a cara ante unha obra que lle afecta de cheo a parroquia de Morgadáns. Onde están os nosos gobernantes do PP ?. Onde está o noso alcalde (Guitián) ?. Onde está o noso presidente da Entidade Local (Esmerode) ?. Onde andan?.
Polo que respecta o PSOE, mañán alí estaremos dando a cara, as 11:00 h. no torreiro da igrexa de Santiago de Morgadáns, apoiando os veciños afectados, apoiando os usuarios da vía e, pidíndolle a Xunta de Galicia que rectifique, xa que ainda está a tempo, e que cumpra có que prometeu en campaña electoral, que leve a cabo as melloras necesarias en dita estrada e que faga una senda peonil como nos prometeu, xa que ainda estamos a tempo de salvar vidas.
O alcalde do PP (o Sr. Guitián) ten que dar a cara.
O Presidente do PP da entidade Local (o Sr. Esmerode) ten que dar a cara.
Ambos están obrigados a dar a cara e defender os intereses de todos nos, os Gondomareños, perante quen sexa, senon só eles serán os responsables do que en esa estrada ocurra co tempo.
O Voceiro do grupo municipal socialista de Gondomar.
Paco Ferreira.























