Juan Francisco Ferreira González, Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Gondomar ó amparo do disposto no Art. 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xúridico das Entidades Locais, presenta para seu debate ante este Pleno a seguinte,
M O C I Ó N
Exposición de motivos:
O anterior goberno acordou a celebración dos Plenos da Corporación os derradeiros xoves de cada mes ás 09:00 h. da mañá.
O grupo municipal socialista considera inaxeitada a devandita hora (09:00 h. da mañá), xa que non favorece de modo algún a participación e asistencia dos veciños no desenrolo da problemática e da vida municipal deste concello, dado que a esa hora, ou ben traballan, ou teñen que atender ós seus fillos, etc.
A ninguén de nós aquí presentes, como grupo político que somos, non se nos ocurriría celebrar un mitín en campaña electoral a esa hora, xa que consideramos que dito mitín sería un fracaso de asistencia, pois poucos veciños poderían acudir.
Entón que sentido ten manter os Plenos ás 09:00 horas da mañá?; salvo que este goberno, igual que o anterior, busque que ninguén acuda ós Plenos a escoitarnos, ou a participar da política municipal.
Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista presenta para o seu debate e aprobación neste Pleno, o seguinte ACORDO:
1. Cambiar a celebración dos Plenos da Corporación Municipal que se celebran ás 09:00 horas da mañá para as tardes ás 20:00 horas e así favorecer a participación e asistencia dos veciños na política municipal deste concello.
Gondomar, 27 de xuño de 2011.
O Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Gondomar.







