Archivo de la categoría: Educación

Libros de texto: a Xunta continúa a súa política nefasta

​Veñen de publicarse no DOG do 31 de agosto as axudas para adquirir os libros de texto de 3º e 4º de Primaria e de 1º,2º,3º e 4º de ESO que cambian de idioma pola aplicación do Decreto do Plurilingüismo. Con esta Orde a Xunta continúa coa errática política iniciada o curso pasado. Se ata ese momento estes libros eran de balde para o alumnado porque os centros educativos llos deixaban en préstamo, agora moitas familias van ter que pagar aqueles que cambian de idioma polo famoso decreto antigalego. Como consecuencia disto os centros terán que tirar ó lixo libros que tiñan validez para catro anos, o que supón gravar económicamente ás familias e un despilfarro de diñeiro público.
​Se facemos un pouco de historia, unha das primeiras medidas adoptadas polo Sr. Feijóo cando entrou na Xunta foi acabar coa gratuidade dos libros de texto. Ata ese momento o alumnado tiña os libros en préstamo, de xeito totalmente gratuito, o que beneficiaba claramente ás economías familiares que non tiñan que enfrontar tanto gasto no comezo do curso. Tivo que chegar o PP ó goberno para acabar cunha das maiores axudas coa que contaban as familias
Esta política tan prexudicial para as economías familiares é agravada pola Consellería de Educación coa publicación desta Orde no verán, cando os centros educativos non poden comunicarse coas familias para que non compren os libros citados anteriormente e que acudan ós colexios e institutos para solicitar a axuda dos mesmos. Deste xeito, pola falla de información, os pais compran os libros, menos familias solicitan as axudas e máis aforra a Xunta de Galicia. Xogada redonda.
O PSOE de Gondomar recomenda ás Nais e ós Pais que non compren os libros de texto deses niveis educativos e que acudan ós centros para solicitar as axudas ata o día 30 de setembro.

O Goberno do PP e os tránsfugas non paga as subvencións prometidas, pero cobra as adicacións, plenos, comisións e demais prevendas….

O Concello de Gondomar ten sen pagar as subvencións do ano 2009.  Mediado o 2010 os Centros Culturais, Asociacións, Entidades deportivas e ANPAS seguen sen recibir as cantidades correspondentes ó pasado ano. Todas as xestións realizadas polas directivas dos diferentes colectivos só reciben unha e outra vez a promesa de que se lle van facer efectivas en cuestión de días, e estes seguen pasando sen que se faga o pago das mesmas.

Dende o PSOE queremos denunciar esta situación pola urxencia que teñen estas entidades sen afán de lucro de facer fronte ós pagos das actividades que realizan de forma permanente durante o ano, con débedas comprometidos que non poden satisfacer ó non recibir as cantidades prometidas polo Concello. Todo isto sen ter en conta que, segundo informacións non desmentidas polo goberno municipal, as cantidades solicitadas poden reducirse de forma moi significativa, o que vai implicar un endebedamento importante para as distintas asociacións que contaban con ese diñeiro para realizar pagos pendentes.

Esta situación contrasta coa alegría con que se asignan graciablemente salarios a determinados concelleiros polo simple mérito de romper gobernos e de impulsar novas maiorías que non saíron das eleccións e da vontade popular. Non se trata de limosnas que xentilmente outorga o goberno do PP-tránsfugas, senon de partidas económicas previstas para tal fin e con reflexo nos orzamentos que tan apresuradamente elaborou, presentou e aprobou o goberno local. Todas elas teñen a súa súa consignación económica polo que cartos debe e ten que haber. De non ser así, dende o PSOE esiximos e esixiremos as responsabilidades que correspondan pola ineficaz xestión económica dun goberno, que debe estar para gobernar con dilixencia, e non soamente para cobrar as adicacións que se adxudicaron.

O PSOE de Gondomar pide ó goberno municipal que faga con urxencia o aboamento das subvencións do ano 2009 e dos convenios coas ANPAS e demais entidades, así como que non rebaixe as subvencións para o ano 2010 máis alá da porcentaxe de rebaixa xeral que corresponda pola situación económica que estamos a vivir.

Día grande para o Galego, en vísperas do Día das Letras Galegas. Día triste para Feijoo e os seus amigos de Galicia Bilingüe

O PSdeG reclama a retirada do Decreto do Plurilingüismo logo de que o Consultivo confirmase a súa anticonstitucionalidade.

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, reclamou hoxe a retirada do decreto do plurilingüismo logo de que o Consello Consultivo teña sinalado a súa anticonstitucionalidade. Meijón dixo que, do contrario, os socialistas tomarán medidas legais para restaurar a legalidade e reclamou a Feijóo “non confundir maioría absoluta con poder absoluto”.
O parlamentario socialista advertiu que de seguir adiante con este decreto a Xunta provocará “un comezo de curso caótico e conflitivo”. Dixo que, de acordo co informe do Consultivo, o decreto resulta  contrario a todo o ordenamento xurídico vixente, xa que vai contra a Constitución, a Lei Orgánica de Educación, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e a Carta Europea de Linguas Rexionais.
De acordo co Consello Consultivo, explicou, a Xunta non pode eludir as súas responsabilidades na defensa do dereito básico á educación, que resulta “indispoñible, irrenunciable e indelegable”. Sinala que “invalida o procedemento establecido polo texto do goberno para determinar a linguaxe vehicular en Educación Infantil”, polo que a elección vehicular “non pode quedar vinculada a unha consulta a pais e nais”, como mesmamente lle ten recordado a Federación de Pais e Nais de Alumnos –Confapa-.
Meijón acusou á Xunta de xerar a “paradoxa” de “quén vai defender a legalidade vixente, un goberno que impón un texto ilegal ou a comunidade educativa que ben podería negarse a aplicar a devandita norma por ilegal”. Anunciou así a presentación dunha moción no Pleno do Parlamento para a “inmediata retirada” do texto e a creación dun marco parlamentario de consenso para aprobar unha nova redacción do decreto.
Neste sentido, adiantou que “si o goberno non defende a legalidade, tomaremos tódalas medidas á nosa disposición para restaurar a legalidade”, e preguntou á Xunta “qué educación e qué valores democráticos queren transmitir aos nosos fillos e fillas cando pretenden aprobar unha norma ilegal”.
Meijón considera que o conselleiro de Educación está “invalidado como conselleiro” logo de que no Pleno desta semana eludira explicar si aprobaría o decreto no caso de ir contra a Lei. No mesmo sentido, lembrou que o portavoz do PP, quen dixo o luns que “é máis importante cumprir os compromisos electorais que a legalidade”, o que “evidencia que coñecía da ilegalidade do decreto e que ten que renunciar ao escano”.

SOBRE A MAL CHAMADA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

SOBRE A MAL CHAMADA GRATUIDADE DOS  LIBROS DE TEXTO

Ante as preguntas realizadas polo Grupo Parlamentario Socialista o Goberno Galego vén de respostar entregando os datos da mal chamada gratuidade dos libros de texto, concello por concello. Analizaremos o caso concreto de Gondomar e poderemos comprobar como a “pretendida gratuidade” do PP foi un engado e unha mentira, adornada, pero unha grandísima mentira.

Entendemos que os datos que seguen a continuación son reais, xa que son ofrecidos pola Administración, e para interpretalos imos comparalos coa situación anterior de gratuidade total. En concreto, en Gondomar:

1.-  Hai que ter en conta que este ano aplicaron a nova normativa a 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria. Os libros de 3º e 4º de Primaria e os da ESO seguen polo sistema anterior de gratuidade total.

2.- No noso Concello hai 431 nenos/as nos catro niveis de Primaria afectados pola Orde, e os datos distribúense do seguinte xeito:

- Non recibiron ninguna axuda…………. 141

- Recibiron axuda de 104 euros…………   99

- Recibiron axuda de 180 euros………… 218

3.- Se consideramos como gratuidade os 180 euros (comparándoa coa gratuidade total anterior), a verdadeira gratuidade sería para un 50,58 % da poboación e non para o 73,5 como di a Consellería de Educación.

4.- O gasto nas becas supúxolle á Xunta un aforro dun 34,86% este ano, pero polo anterior sistema de préstamo os libros duraban catro anos. Cunha simple multiplicación vemos que o sistema é máis caro, como manifestou sempre o PSdeG.

As ANPAS de Gondomar están movilizándose pola volta á gratuidade total, ao sistema anterior, e o partido debe facer todo o posible por colaborar con elas e darle publicidade ás súas reivindicacións.

O Secretario de Educación

A que está a liar o señor Alberte Nuñez Feixoo

PASARONME O SEGUINTE COMPENDIO DE DESFEITAS DO PP NA XUNTA DE GALICIA.

Podedes constular a fonte orixinal no seguinte enlace a Meneame.

http://meneame.net/story/escandalo-adjudicacion-web-xacobeo-2010#c-8

El PP en un semestre en el gobierno de la Xunta ya ha tenido tiempo a esto (y más):

– Amañar las oposiciones (meneame.net/story/escandalo-oposiciones-xunta)
– Quitar dinero de la sanidad pública para dárselo a centros privados (meneame.net/story/sergas-hara-ano-proximo-vigo-5-centros-salud-fondos-s)
– Cargarse todas las iniciativas del gobierno anterior sobre software libre (meneame.net/story/sofware-libre-gallego-vaise-carallo), (meneame.net/story/xunta-feijoo-desmantela-mancomun-perdera-2-millones-s)
– Impedir que se visite el Pazo de Meirás, propiedad de la familia Franco (meneame.net/story/bng-acusa-xunta-defender-intereses-franco-no-forzar-a)
– Cobrar por adelantado y subir el precio de los comedores escolares más de un 15% (meneame.net/story/galicia-conselleria-educacion-cobrara-adelantado-come)
– Meter a sacerdotes en las unidades de cuidados paliativos (meneame.net/story/xunta-gallega-quiere-incluir-sacerdote-comite-cuidads)
– Posicionarse en contra del aborto (meneame.net/story/feijoo-irresponsable-menor-decida-sobre-derecho-embrs)
– Obligar a cambiar envases de madera por plástico (sí, has leído bien) enviando a 300 personas al paro (meneame.net/story/xunta-galicia-obliga-sustituir-madera-plastico-envia0)
– Eliminar las selecciones autonómicas (meneame.net/story/xunta-galicia-seleccion-gallega-futbol-proyecto-caroo)
– Dejar sin dinero a los grandes dependientes (meneame.net/story/7.000-grandes-dependientes-gallegos-no-podran-cobraro)
– Recortar el dinero para educación (meneame.net/story/educacion-ordena-directores-este-curso-recorten-gasts)
– Quitar los beneficios colectivos de los parques eólicos para dárselos a las empresas (meneame.net/story/xunta-galicia-copia-nueva-ley-criterios-evaluacion-bo)
– Dar contratos millonarios a dedo y enchufar a gente sin más currículum que ser de la cuerda del PP (meneame.net/story/primeros-escandalos-sacuden-nunez-feijoo-seis-meses-s)
– Posicionarse en contra de los ateos, desde la Consellería de Sanidade (meneame.net/story/conselleira-sanidade-xunta-ateismo-deja-gente-sin-ful)
– Pagar a los medios de comunicación con dinero público para hacer propaganda del PP (meneame.net/story/medios-publicos-gallegos-ordenes-pp)
– No abrir guarderías ya construídas por el gobierno anterior (meneame.net/story/xunta-galicia-alega-falta-dinero-para-no-abrir-seis-s)
– Anunciar obras que ya había contratado el gobierno anterior (meneame.net/story/xunta-anuncia-obras-ya-habia-contratado-bipartito)
– Financiar a grupos antiabortistas (meneame.net/story/xunta-galicia-podria-financiar-grupos-antiabortistasa)
– Clausurar 23 colegios (meneame.net/story/xunta-clausura-23-colegios-100-aulas-falta-alumnos)
– Cargarse las “Galescolas” (meneame.net/story/de-galescola-a-galina-azul)
– Eliminar la reserva de suelo para vivienda de protección (meneame.net/story/xunta-planea-borrar-reserva-vivienda-publica-ley-sueo)
– Adjudicar decenas de contratos sin publicidad (meneame.net/story/xunta-adjudica-pleno-agosto-mas-60-contratos-sin-pubd)
– Ocultar información sobre los incendios (meneame.net/story/xunta-galicia-oculta-informacion-sobre-incendios-parr)
– Plantearse la segregación de alumnos por razón de lengua (meneame.net/story/feijoo-no-descarta-segregar-alumnos-funcion-lengua)
– Financiar centros que segregan por género (meneame.net/story/xunta-galicia-financia-centros-ensenanza-segregan-seo)
– Anular las concesiones e energía eólica (meneame.net/story/xunta-anulara-adjudicacion-2.300-megavatios-concursoo)
– Eliminar la gratuidad de los libros de texto (meneame.net/story/pp-tacha-populista-gratuidad-universal-libros-texto)
– Censurar la radio y televisión (meneame.net/story/pp-elimina-tambien-onda-curta-parrilla-tvg-gallego), (meneame.net/story/cese-fulminante-xurxo-souto-radio-galega)

Al tiempo nos enteramos de que su sede se pagó con dinero destinado a obras públicas (meneame.net/story/xunta-fraga-inflo-contrato-constructora-sede-pp); que un alto cargo del PP gallego es uno de los principales encausados por la trama Gurtel (meneame.net/story/fragil-memoria-telmo-martin-pp-gallego) pero al tiempo se niega a dar explicaciones (meneame.net/story/feijoo-afirma-ppdeg-no-tiene-dar-explicaciones-sobrel), que es incapaz ni de usar ni de deshacerse de los coches oficiales que comprara con Fraga (meneame.net/story/fracasa-subasta-xunta-quedar-17-audis-sin-vender-glg)

MOCIÓN sobre a gratuidade dos libros de texto

A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Gondomar, ó amparo do disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réximen Local, e no Real Decreto 2568/1986 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xúridico das Entidades Locais, e na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Pública e do Procedemento Administrativo Común, baixo a protección xurídica da Constitución Española, presenta a seguinte

INICIATIVA:

Exposición de motivos:

A quince días do comezo do curso as familias seguen esperando que a Xunta de Galicia se volva atrás na decisión de acabar coa gratuidade dos libros de texto. Esta medida, totalmente inxusta e discriminatoria nun sistema educativo gratuito, foi tomada de xeito apresurada, tarde e a destempo (cando o curso xa rematara), sen ter en conta a opinión dos sectores implicados (sen facer enquisa ningunha para coñecer a opinión das nais e dos pais), especialmente as ANPAS e as súas federacións.

Este curso vai comezar con problemas: os centros escolares non van poder contar con libros de texto ata, polo menos, o mes de outubro. A estas alturas moitas familias non reservaron os libros nas librerías á espera dunha solución que evite ter que adiantar o diñeiro, no mellor dos casos os beneficiarios das axudas segundo a súa renda que lles permitirá o dereito, se cabe, á devolución posterior dos cartos a longo prazo, agravando aínda máis a situación complicada a nivel económico e laboral que veñen a padecer xa estas familias -parece que a crise para o Sr. Feijoó só existe nos seus despachos e non nas nosas casas-.

Rematar coa gratuidade dos libros deste xeito tan arbitrario e repentino, deixou ós Concellos sen posibilidade reaccionar e promover axudas para libros e material escolar tal e como facían antes de seren os libros de balde polo anterior goberno da Xunta. E a maiores hai que ter en conta que, ademais do que gastan as familias nos textos, teñen que adquirir outro tipo de material escolar, e todo isto para as familias galegas en xeral, e un particular para as Gondomareñas supón un gasto insoportable no comezo do curso que entra.

A isto hai que engadirlle outras medidas anunciadas anunciadas recentemente nos medios de comunicación sobre a segregación do alumnado polo idioma e a derogación do Decreto do Galego. Medidas que está tomando o Conselleiro de Educación e que non son boas para un sistema educativo que precisa a tranquilidade que reclamaba o PP cando estaba na oposición e que agora, en dous meses, pon patas arriba improvisando continuamente.

O sistema educativo precisa tranquilidade e estabilidade, e “meter con calzador” en tres meses un programa de catro anos (se é que existía programa en ese senso) só vai prexudicar a vida das familias e dos centros educativos galegos. Cómpre, polo tanto, deixar sen efecto este curso o pago dos libros de texto e volver ao sistema de  gratuidade que existía, favorecendo a economía familiar en tempos de crise, deixándolle tempo ós concellos para que consignen nos seus orzamentos do 2010 as partidas necesarias para equilibrar esta medida discriminatoria e facer que o ensino obrigatorio sexa realmente gratuito.

Por todo o exposto anteriormente,

A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Gondomar presenta ante o Goberno Municipal, para o seu debate e aprobación na próxima Sesión Plenaria da Corporación, as seguintes

P R O P O S T A S

  1. 1. Instar ó Goberno da Xunta de Galicia para que volte atrás na decisión de acabar coa gratuidade dos libros de texto, por considerar esta medida inxusta e discriminatoria nun sistema educativo gratuito como o noso, e de non ser así.

  1. 2. Consignar unha Partida Económica no Orzamento Municipal deste ano 2009, e poder así, ofrecerlles as familias Gondomareñas a axuda económica necesaria para a adquisición do material escolar do curso académico 2009-2010.

Gondomar a, 18 de agosto de 2009.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.