O Goberno tránsfuga de Gondomar da sinais de vida. Lonxe do que pensabamos non se trata de accións e actuacións propias do goberno da vila. Non, o goberno tránsfuga anuncia “querelladas” que ven ser unha mistura de querella con carallada. A bombo e pratillo anuncia o seu portavoz, o xa non presunto tránsfuga De Lis a presentación dunha inminente querella (ou carallada, máis ben) contra o PSdeG-PSOE por pedir a disolución dunha corporación municipal tránsfuga e ilexítima, que non representa a ninguén máis ca si mesmos. A inminente querellada foi menos inminente, pois quedou nun anuncio de presentala quen sabe cando. Fálase da próxima semana. Inminencias e querelladas.
Tomémolo a coña vindo de quen ven, dun goberno formado por personaxes e persoeiros que pretenden calar á xente baixo a amenaza de querella. Simpático. Quizáis o que preferían era, como sinalou un comentario neste blog, que lles déramos o premio de Gondomareños do Ano, pola súa inestimable axuda á promoción turística do noso municipio e a súa repercusión mediática. Imos, que éstes deixan ben ás claras a súa tendencia política de dereitas, incluso o inefable De Lis e os seus acólitos anuncian ofertas e un posible pase ás filas do PP. Ogallá, a fin de contas, o sitio que lles corresponde e gañaron a golpe de moción. Todos xuntiños da man. Nada novo por este sur de Galicia.
Esto polo que respecta ás querelladas, pois o inefable anuncia tamén os “mixtos”, e non se trata precisamente dos anuncios da Cruzcampo Mixta. Cando un pensaba que en política xa o tiña todo visto, aparece o sorpresón do século: o portavoz do goberno tránsfuga pretende constituirse en grupo mixto xunto cos seus acólitos, baseándose nun dos xa coñecidos informes xurídicos externos encargados a golpe de euro. Seguramente a quen xa todos coñecemos. En fin, non toreemos á perdiz. Lembremos que outros por cousas e informes semellantes apareceron primeiro imputados e logo condenados.
En fin esto é o que temos, compañeiros, querelladas e mixtos do goberno oficialmente tránsfuga deste o noso Gondomar. Ata a próxima, se non nos meten antes unha desas querelladas… Gran guión para o gran Berlanga.
Francisco Crusat
Secretario de Política Municipal













