A EXECUTIVA LOCAL DO PSdeG-PSOE DE GONDOMAR, ao amparo do disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réximen Local, no Real Decreto 2568/1986 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xúridico das Entidades Locais, e na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, baixo a protección xurídica da Constitución Española, presenta AO PLENO DO CONCELLO DE GONDOMAR a seguinte
I N I C I A T I V A
Dende o Partido Socialista de Gondomar denunciamos a desidia do actual goberno municipal no tocante á conservación de viais no ámbito rural do noso municipio.
Aínda que é un problema de carácter xeral, queremos facer mención especial do estado no que se atopa o vial que comunica a zona de Xiráldez co Eido Vello no barrio de Vilas. Dito vial, atópase nun estado de absoluto abandono. Ao longo de todo o treito atopamos multitude de buratos de importante consideración no asfalto; zonas, nas que a terra procedente dos lindes por mor das choivas, cubren todo asfalto formándose incluso pequenos montóns de terra. Así mesmo, na parte final do treito, preto do Eido Vello, o asfalto atópase completamente roto debido ás obras realizadas nesa zona fai anos atrás; o desnivel existente entre a parte asfaltada e o recheo de terra feito é de importante consideración. Tamén compre sinalar que existen zonas localizadas cun exceso de grava miuda na calzada.
Todo isto supón un grave perigo para os usuarios deste vial e, máis aínda, para os automobilistas e motoristas. Son frecuentes as perdas de adherencia por parte de automóbiles e motocicletas sendo polo tanto tamén, e de maneira indirecta, un perigo para os peóns. Todo esto, vese agravado en tampada de inverno cando as fortes choivas arrastran grandes cantidades de terra para á calzada. Así mesmo, queremos recordar que por este vial se accede á recentemente asfaltada Estrada do Galiñeiro ( que une Prado con Vincios pasando polo Galiñeiro de Vincios ) estrada, que usan a meirande parte dos veciños para desplazarse tanto á Vigo como á Porriño e Tui.
Por todo iso, o A Agrupación Socialista propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
1. Que o vial sexa asfaltado na súa integridade.
2. Que, nas zonas que se poidan, a calzada sexa ampliada.
3. Acondionamento de beirarúas para que poidan recoller a auga das fortes choivas do inverno.
4. Sinais verticais e horizontais pertinentes no cruce deste vial coa subida á Estrada do Galiñeiro.
5. Colocación de guardarail na curva da Presa debido ao alto risco que ésta supón para coches e motos.
6. Prohibir expresamente por medio de sinais verticais o tránsito de transporte pesado por este vial salvo en casos de “abastecemento” dos veciños.
Gondomar, a 16 de febreiro de 2011.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar e Candidato a alcaldía do concello de Gondomar.
Juan Francisco Ferreira González.















