Archivo de la categoría: Iniciativas

Retornamos

Un saúdo, compañeiros.
Agardámobos a partires de agora os mércores ás 20:30 horas na nosa sede de Cruz de Mera 7, esperando tras deste descanso veraniego, contar coa vosa colaboración para levar adiante o noso proxecto. Contamos con todos vós.

O PSOE de Gondomar presenta alegacións e propón melloras ao Plan de Ordenación do Litoral da Xunta e a súa incidenza no noso Concello.

Lonxe de liortas, polémicas e da simple denuncia mediática, segundo a nosa idea de recuperar o debate político e que en Gondomar se volva a falar de política, o PSOE ven de presentar por rexistro 31 folios de alegacións e melloras ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) elaborado polo goberno do PP da Xunta de Galicia, cuxo proxecto foi remitido ao noso concello. Esta tarefa choca coa actitude sumisa, pasiva e ausente do goberno tripartito de Gondomar, PP-Move-tránsfugas, incapaz de facerlle fronte aos seus superiores da Xunta de Galicia na defensa dos intereses xerais das nosas veciñas e veciños.

Pondo de relieve o inmenso valor que o litoral ten para o noso concello e a necesidade de establecer un marco normativo que regule o seu aproveitamento dende unha óptica do desenrolo sostible e racional, pretendemos dende o PSOE de Gondomar mellorar o plan presentado respecto das especificidades e necesidades do noso municipio, aspirando por unha banda a un mellor modelo territorial, e por outra a dotalo das medidas de xestión necesarias para poder desenrolalo de manera máis efectiva, de xeito que o POL non se quede nunha mera declaración de obxectivos.

Así en xeral detectamos aspectos mellorables do POL en puntos básicos como son as dificultades de interpretación do territorio e da definición gráfica do plan, eivas na colaboración entre administracións e axentes sociais, falta a aprobación dunhas Directrices de Ordenación do Territorio con carácter previo ao presente Plan, carencias normativas, disconformidade co modelo territorial proposto coa creación dunha figura fracasada como é a da protección de corredor ecolóxico, a falta dun adecuado estudio das repercusións económicas do plan, incoherencias nas proteccións sobre solo urbano consolidado e solo de núcleo rural, melloras en fomento das plantacións forestais con especies autóctonas e da recuperación de zonas inundables e das actuacións públicas nos primeiros 500 metros dende a costa e necesidade de medidas específicas de protección na Rede Natura 2000.

E en particular, referidos ao noso concello, detéctanse unha serie de cuestións que se deberían correxir para adaptar axeitadamente o plan ás necesidades do noso municipio:

  • Incoherencias na delimitación do ámbito do POL, considerando que o noso municipio non foi correctamente delimitado na área de aplicación do POL, pois se inclúen terreos que pola súa distancia e pola súa posición topográfica e visual respecto da costa non teñen unha influencia sobre a mesma que faga necesario incluílos dentro do ámbito do Plan.  O novo planeamento xeral do noso concello se está a tramitar conforme aos procedementos e determinacións da lei 9/2002, modificada polas lei 15/2004 e 2/2010 de ordenación urbanística de Galicia, e conforme ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica definido nas leis estatal 9/2006 e autonómica 6/2007. Polo tanto existe unha garantía legal e funcional de que continuando co desenvolvemento deste plan, non se van a producir afeccións importantes ou non correxidas sobre o territorio.
  • Delimitación de corredores ecolóxicos, delimitándose dun xeito certamente aleatorio varios dos corredores ecolóxicos que nos afectan e que non reúnen as características definidas no POL como tales.
  • Cromatismo de núcleos de edificación, que está en moitos casos mal representado. O POL establece varios tipos de núcleos (tradicionais, de recente formación, …) e para cada un deles se lles asigna unha cor das súas edificacións. É importante que esas cores estean ben asignadas, pois son fundamentais para a aplicación do modelo de crecemento proposto no POL.

En definitiva, que a imperiosa necesidade de protección do noso litoral polos seus valores culturais, ambientais, paisaxísticos e económicos fronte a unhas inadecuadas políticas urbanísticas, obrigan ás administracións a non quedar impasibles  e a formular o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. Este plan trata de establecer un novo modelo territorial baseado fundamentalmente na división de todo o territorio afectado en zonas con distintos grados de protección e na identificación de elementos a protexer ou, no extremo oposto, a eliminar ou reordenar para integralos na paisaxe litoral. Así se prevén corredores ecolóxicos que discorren aproveitando cauces dos ríos e regatos. As proteccións establecidas se traducen en criterios e normas limitativos dos crecementos urbanísticos e que regulan os usos autorizables e os prohibidos nas distintas áreas protexidas, cun rango xeráriquico superior aos plans urbanísticos de competencia municipal, debendo éstos adaptarse ás determinacións do POL.

Esta depencencia xerárquica vai provocar numerosos conflictos e tensións na aplicación do nos planeamento urbanístico vixente así como na formulación de novos plans a partir da entrada en vigor do POL.

Por outra banda, o POL nacerá coxo por dous factores: a ausencia de Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia aprobadas ántes da entrada en vigor do POL, e por outra os erros de interpretación da realidade física do territorio xunto coa indadecuada expresión gráfica e normativa empregada para representar o novo modelo territorial.

Outros motivos de rexeitamento do POL pola nosa banda, e motivo do seu previsible fracaso, son a falta de “xustificación económica” do espírito proteccionista do modelo proposto, e a carencia das necesarias previsións respecto dunha adecuada xestión que poida facer funcionar un modelo territorial baseado de xeito importante na xeración duns corredores que sirvan de conexión ecolóxica e funcional entre as distintas áreas e elementos definidos no propio plan.

Ademáis, é necesario manter ata a aprobación final do POL a suspensión de tramitación de novos planeamentos na franxa dos primeiros 500 metros dende a ribeira do mar.

Dada a trascendencia, importancia e necesidade do plan de ordenación do litoral, non debería aprobarse sen antes correxir as deficiencias que no mesmo se observan con carácter tanto xeral coma referidas ao noso concello de Gondomar, e sen mellorar a coordinación e participación administrativa no procedemento, todo o cal repercutirá, sen dúbida, nunha maior calidade e viabilidade do modelo territorial proposto, e no benestar e satisfacción das gondomareñas e dos gondomareños.

Executiva Local do PSdeG-PSOE Gondomar

Enlace completo ás alegacións:

Alegacións POL Gondomar.2010

INICIATIVA DO PSOE DE GONDOMAR RESPECTO DA SANIDADE

A EXECUTIVA LOCAL DO PSdeG-PSOE DE GONDOMAR, ao amparo do disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réximen Local, no Real Decreto 2568/1986 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xúridico das Entidades Locais, e na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, baixo a protección xurídica da Constitución Española, presenta AO PLENO DO CONCELLO DE GONDOMAR a seguinte

I N I C I A T I V A

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, anunciou publicamente que, para financiar a posta en funcionamento do novo Hospital de Vigo, utilizarase o modelo concesional coa fórmula de pago por dispoñibilidade.

As concesións de obra para construír hospitais consisten en que unha empresa ou grupo de empresas privadas, principalmente construtoras, ás que tamén se unen os bancos e empresas de servizos, son as que levan a cabo a construción das novas infraestruturas sanitarias por encargo do Sistema Público de Saúde.

O custo da construción e do equipamento dos novos hospitais sufrágase desembolsando ás empresas construtoras unha cantidade ou canon. Se multiplicamos esa cantidade anual que pagará o SERGAS polos anos de duración da concesión (20 no proxecto de Hospital que se propón para Vigo), o resultado superará varias veces o valor de licitación das obras e os equipamentos dos novos hospitais (nalgúns casos chegou a ser ata catro veces superior: cos fondos empregados o SERGAS podería pagar catro hospitais das mesmas características).

Esta forma de colaboración pública-privada implica desembolsos económicos moi superiores para o noso sistema sanitario que os modelos exclusivamente públicos como os empregados ata agora no resto de Galicia. Isto é debido ao seguinte:

1 – As empresas adxudicatarias acoden a importantes endebedamentos. Os intereses que han  pagar estas empresas a Bancos e Caixas son moi superiores aos que pagaría a Administración Pública. As empresas imputan este custo ao canon, o que supón un custo moito máis caro que o que suporía unha operación crediticia realizada pola propia Xunta, a través de mecanismos xa establecidos como é a Sociedade Pública de Investimentos.

2 – As empresas teñen como lexítimo obxectivo conseguir a maior rendabilidade posible tanto  para os seus directivos como para os seus accionistas, sendo o SERGAS quen  acaba garantindo eses beneficios con cargos aos seus fondos.

3 – Os custos das renegociacións dos novos contratos, no caso de creba económica dalgunha das empresas concesionarias. Deste fenómeno o Reino Unido ten numerosos exemplos (ata 14) e tamén se observou no hospital de Alzira en Valencia.

Outros inconvenientes deste modelo son a hipoteca da capacidade de investimento e a redución dos orzamentos sanitarios dos Servizos de Saúde durante décadas, a limitación da capacidade dos hospitais para adaptarse ás melloras e innovacións tecnolóxicas, o empeoramento da calidade asistencial e a seguridade dos doentes así coma o empeoramento das condicións laborais dos traballadores

Por todo o anterior, rexeitamos radicalmente os argumentos esgrimidos en defensa de modelo algún de colaboración pública-privada como a axilidade nos prazos de posta en funcionamento dos novos hospitais ou problemas orzamentarios que ademais de ser falsos, non demostran nada máis que a propia ineficiencia dos actuais responsables da Xunta de Galicia e a pouca confianza que teñen en se mesmos.

Por todo iso, o A Agrupación Socialista propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

  • Instar á Xunta de Galicia a manter os Plans Funcionais e os Proxectos Arquitectónicos do novo Complexo Hospitalario de Vigo existente antes dás eleccións autonómicas do 1 de Marzo de 2009, que foron elaborados coa colaboración e participación activa de todos os profesionais sanitarios dos Complexos Hospitalarios, cas dotacións de camas, equipamentos tecnolóxicos e servizos de referencia.

  • Instar á Xunta de Galicia a existencia dunha porta única para todas as urxencias que garanta a mesma calidade asistencial a todas as persoas e que acabe coa desigualdade que soportan actualmente na Área de Vigo os cidadáns de Coia, Val Miñor, Cangas e Moaña.

  • Instar á Xunta de Galicia que o financiamento destes novos Complexos Hospitalarios sexa con capital público e con todos os seus servizos tamén con  xestión totalmente pública, a través da Sociedade Pública de Investimentos, e non de financiamento privado.

  • Instar á Xunta de Galicia que rexeite rotunda e definitivamente a inclusión da participación privada no financiamento dos novos hospitais.

Gondomar, a 18 de Marzo de 2010.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira González.

¿ SERÁ ÉSTE O CONCEPTO QUE TEN O GOBERNO DO P.P. E OS TRÁNSFUGAS DO SERVIZO PÚBLICO ?

O pasado 10 de marzo, o Boletín Oficial de Pontevedra recollía a oferta de cursos incluidos no Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2010 da Deputación de Pontevedra, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).Tales cursos teñen como destinatarios ao persoal da Deputación e os seus Organismos Autónomos xunto co persoal dos Concellos adheridos ao Plan.

O certo é que neste ano 2010, o Concello de Gondomar non se adheriu ao mesmo tal coma viña sendo habitual, polo que o seu persoal non pode participar nos cursos ofertados. Esto deixa ben claro, en palabras de Francisco Crusat, Secretario de Política Municipal, o concepto que o Goberno do PP e os tránsfugas teñen do “servizo público”, ao privarlle aos seus traballadores de cursos gratuitos de formación específica que redundan en beneficio seu e dos propios cidadáns pola mellora da calidade do servizo público que desempeñan.

Dende o PSOE de Gondomar esixímoslle responsabilidades ao Goberno do PP-tránsfugas e ao seu Concelleiro de Persoal e instámoslle a respostar públicamente acerca dos motivos desta omisión.
Lembremos que son cursos organizados e ofertados pola Deputación de Pontevedra, salvavidas do goberno tránsfuga de Gondomar, o que nos leva a preguntarnos se nas moitas reunións que mantiveron co Sr. Louzán se esqueceron deste tema, tan liados como estaban co seu reparto de poder, adicacións exclusivas e pago dos favores aos tránsfugas.

BOP de Pontevedra de 10 de Marzo

INICIATIVA DO PSOE GONDOMAR: LIBERALIZACIONS DAS PEAXES DA AUTOESTRADA E APOSTA POLO CARRIL BICI-PASEO A RAMALLOSA

I N I C I A T I V A

LIBERALIZACIÓN DA PEAXE NA INTERCOMUNICACIÓN DO VAL MIÑOR NA AG-57 E A EXECUCION DA HUMANIZACION E CARRIL-BICI DA PO-340 DE GONDOMAR A RAMALLOSA

Exposición de motivos:

No ano 2.008 a Xunta de Galicia aprobou un convenio con Autoestradas de Galicia para a execución dos ramais de enlace na Autoestrada do Val Miñor (AG-57). En dito convenio, entre outros, descríbese a realización de novos enlaces no termo municipal de Gondomar, Nigrán e Baiona, tales como os de Vilariño de Abaixo, Vilariño de Arriba-Parada e a conexión en Porto do Molle, Vilaza-Villarés, Vincios ou Sabarís, como unha mellora da funcionalidade da autoestrada e de interconexión dos tres Concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar).

Os movementos de vehículos xerados polos novos enlaces previstos, ben dentro do noso Concello de Gondomar ou na comarca do Val Miñor, quedan sometidos á peaxe coa excepción de Sabarís-Baredo e inverso, e dende Porto do Molle á rotonda da Estrada PO-552 e inverso. Así, os movementos de vehículos entre o Concello de Gondomar, Nigrán e o de Baiona e inverso deberán pagar peaxe, e lamentablemente incluso dentro do propio Concello de Gondomar no percorrido Vilaza-Vincios e inverso estará sometido á peaxe.

Dada a necesidade de conectar os tres Concellos que conforman o Val Miñor, de forma que se reduzan os problemas de tráfico rodado e peonil existente nas estradas que intercomunican os respectivos Concellos e especialmente na época estival, como é por exemplo, na conxestión do tráfico que sufre o cruce da Ramallosa, a Xunqueira en Nigrán, ou o cruce das avenidas Elduayen, A Feira e Diego Sarmiento no propio centro urbano de Gondomar, así coma o numeroso tránsito de peóns e ciclistas que a PO-340 soporta a diario dende Gondomar a Ramallosa fai necesaria a inmediata construción dun carril-bici e humanización deste vial para facilitar a seguridade viaria dos usuarios da mesma e asemesmo axudar á intercomunicación dos tres concellos do Val Miñor, e que no seu momento esta primeira reivindicación foi demandada neste sentido a través dunha moción plenaria presentada polo propio Partido Popular instando á Xunta de Galicia a que os enlaces de interconexión do Val Miñor foran libres de peaxe, e polo que agora, e ante o inminente remate das obras, proponse para o próximo Pleno Municipal a adopción do seguinte

P R O P O S T A

Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a que os enlaces de intercomunicación do Val Miñor, na Autoestrada AG-57, que recentemente foron inaugurados sexan declaradas libres de peaxe, así coma, comenzar as obras de execución do carril-bici que a anterior Xunta de Galicia tiña proxectado pola PO-340 dende Gondomar ata A Ramallosa.

Gondomar, a 08 de Marzo de 2010.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira González.

EL PSOE DE GONDOMAR RECLAMA LA REFORMA DEL I.B.I. PARA FAVORECER A LOS CONTRIBUYENTES DE NUESTRO MUNICIPIO.

La nueva Ejecutiva Local del PSOE de Gondomar comienza el año presentando nuevas propuestas e iniciativas a través del Registro Municipal del Concello al carecer de representación en los plenos una vez expulsados y declarados tránsfugas los exconcejales del partido que ahora forman gobierno con el PP y el independiente MOVE.

Se trata, en palabras de Francisco Crusat, Secretario de Política Municipal, de “recuperar la confianza de nuestros votantes en base a un trabajo honrado y a un proyecto político, sin entrar en las luchas y descalificaciones personales que dominan la vida pública municipal. Queremos que en Gondomar se vuelva a debatir de política.

La última iniciativa presentada, pretende la reforma de la Ordenanza fiscal reguladora del Impuesto de Bienes Inmuebles, el conocido “catastro”, proponiendo una reducción en el impuesto a pagar e introduciendo bonificaciones y ayudas a favor de los contribuyentes y familias de Gondomar. “En una situación económica negativa como la actual le exigimos al gobierno del PP-Tránsfugas un esfuerzo similar al que viene desarrollando el Gobierno Central del PSOE en beneficio de todos nuestros ciudadanos. No sería muy entendible que después de haberse subido los sueldos y aprobado  dedicaciones exclusivas exageradas, nuestros gobernantes locales no velaran por la economía de los gondomareños.

Por ello el PSOE propone una rebaja en el tipo impositivo del impuesto de bienes inmuebles que atenúe el desequilibrio que sufre nuestro municipio en relación con los otros concellos de la zona y que se valoren nuestras propiedades en atención a la situación actual carente de planeamiento urbanístico. “No pueden exigirnos el pago del IBI por propiedades, terrenos y fincas valoradas como urbanas que en la actualidad resultan inedificables, por la ausencia de Plan General. El desequilibrio es doble: pagamos más y se nos aplican valoraciones superiores a otros Concellos”.

Las propuestas no paran ahí. El PSOE solicita la aprobación de beneficios fiscales de un 50 % para las familias numerosas y para los inmuebles con sistemas de aprovechamiento térmico o eléctrico y la exención de todos los recibos cuya cuantía a pagar sea inferior a 6 €.

Francisco Crusat

Secretario de Política Municipal y Hacienda Local

Agrupación Local – PSOE Gondomar

ENLACE AL TEXTO COMPLETO DE LA INCIATIVA PRESENTADO POR REGISTRO EN EL CONCELLO DE GONDOMAR: Moción IBI ordenanza

NOTA DE LA SECRETARIA DE IGUALDAD EN CONTESTACION A LA CONCEJALA DE ASUNTOS SOCIALES.

Referente a la nota de prensa publicada el viernes 15 Enero en el Faro de Vigo, por la Concejala de Asuntos Sociales TERESA PEREIRA acusando al Secretario General del PSOE de Gondomar FRANCISCO FERREIRA de mentir, como responsable de la campaña de recogida de ropa, juguetes y alimentos llevada a cabo por esta agrupación socialista durante el mes de diciembre, y que consideramos exitosa y solidaria, me parece que esta concejala no entiende las razones del por qué de las cosas. En primer lugar, esta colecta de recogida de ropa, juguetes y alimentos se hizo para que en estas Navidades las familias de Gondomar que viven en una situación precaria, incrementada por la crisis, y por si no lo sabe dicha Concejala, hay gente en Gondomar que lo está pasando mal, que tienen hijos a los que le gustaría tenerle un regalo en ese día tan especial para ellos, poder ponerseles ropa de abrigo, y sobre todo tener algún alimento tipico de Navidad en estas fechas.

Eso fue lo que hicimos durante el mes de Diciembre, clasificar ropa y llevarla a nuestras casas para lavarla y entregarla en el mejor estado, lavando juguetes y ordenando todo de la mejor manera posible; es por ello, que nos parece un insulto que nos diga donde tenemos que entregar lo recogido cuando ella se niega a recogerlo.

Respecto a la ropa esta ejecutiva había barajado tres opciones, descartando dos de ellas precisamente debido a que no iban dirigidas a las familias Gondomareñas, y justamente era lo que no queríaos, ya que la campaña iba dirigida para las familias de Gondomar.

¿Además nos preguntamos si el Concello tiene un banco de alimentos legalmente homologado y que reuna las condiciones higienico-sanitarias?. ¿Si éste pasó por el pleno del concello como es preceptivo?. ¿Y si se firmó algún convenio con Cruz Roja o similar como también  es procedente?. O por el contrario lo hizo la concejala libremente buscando un inadecuado almacén en el CDL, lleno de humedad y que se inunda cada vez que caen unas gotas, para luego hacer entrega de los alimentos de manera insegura, negligente e insalubre para los vecinos.

Sra. concejala la ropa que le quisimos entregar no la quiso recoger alegando falta de sitio, medios técnicos y humanos. No venga ahora con justificaciones inexistentes.
¿Y dónde está ese famoso punto de recogida de juguetes?, si no existe. O si sí, diga dónde está ubicado para que nos enteremos todos.

Bueno, y decirle que quien nos remitió a CARITAS no fue Vd., sino el propio párroco de Gondomar D. FERNANDO.

Por favor, deje de hacer política con algo tan serio como es la SOLIDARIDAD, y recuerde, que en los tiempos en que vivimos y para desempeñar un cargo político en un departamento como el suyo, lo primero que debe saber y distinguir, es no confundir nunca SOLIDARIDAD con LIMOSNA, algo que Vd. por desgracia no distingue.

La Secretaria de Igualdad y Mujer de la Ejecutiva Municipal del PSdeG-PSOE de Gondomar.

EL PSOE DE GONDOMAR DONA ROPA Y JUGUETES A CARITAS AL NEGARSE LA CONCEJALA DE ASUNTOS SOCIALES A RECOGERSELOS.

El PSOE de Gondomar considera un éxito la campaña de recogida de ropa, juguetes y alimentos llevada a cabo durante el mes de diciembre en la Sede del partido, “fueron muchos los vecinos que se acercaron a hacer entrega de ropa, comida y juguetes durante el mes de diciembre sin entrar a valorar el color o las siglas que representamos”, aseveró Francisco Ferreira Secretario General del PSOE de Gondomar. “La Sede se nos hizo pequeña e incluso nos vimos desbordados en ocasiones, sorprendidos por la buena acogida que supuso esta campaña y la magnífica aceptación con la que fue recibida esta iniciativa entre la vecindad”.

La tarea más difícil fue hacer llegar a las familias lo recogido, ya que en ningún momento consideramos procedente hacerlo desde una institución política, evitando así intereses partidistas.

Pero la mayor sorpresa, fue comprobar, como los servicios municipales de Asuntos Sociales del concello de Gondomar a través de su Concejala responsable TERESA PEREIRA CAPEL, se negó a recogernos tanto la ropa como los juguetes preparados para ser distribuidos a las familias más necesitadas del municipio, mostrando una antisocial e insolidaria actitud y justificándose en tan absurdas excusas como la “falta de espacio o carecer de medios técnicos y humanos para ser distribuidos”. Argumentó.

Finalmente y después de contactar con CARITAS les fueron entregadas diversas cajas con ropa y juguetes previamente preparadas para ser entregadas.

A las responsables de CARITAS y vecinos colaboradores, gracias y un SOBRESALIENTE.
A la Concejala del Gobierno de Gondomar TERESA PEREIRA CAPEL, de nada… y un SUSPENSO.

El Secretario General del PSdeG-PSOE de Gondomar.
Juan Francisco Ferreira González.

Reunión das Executivas Locais do Val Miñor.

O día 1 de Decembro, tivo lugar unha reunión das executivas locais das Agrupacións socialistas dos concellos do Val Miñor aberta a todos os militantes, simpatizantes e cidadans que quixeron participar. A mesma foi a segunda dunha serie de reunións programadas polas Executivas da comarca do Val Miñor, que teñen un carácter rotatorio, tocando esta vez a sua celebración na sede da nosa Agrupación Socialista de Gondomar.

Cunha excelente concorrencia de asistentes, entre os que aparte de afiliados, simpatizantes e público en xeral, se atopaban os Secretarios Xerais das agrupacións convocantes, membros das tres executivas, deputados provinciais, concelleiros e o Alcalde de Nigrán, D. Efrén Juanes, tratáronse temas de vital importancia para a comarca do Val Miñor coma o Área Metropolitana, Porto do Molle, a necesidade da gratuidade da autoestrada como interconexión interna do Val, infraestructuras e obras contempladas no PlanE, saneamento, transporte, necesidade de potenciar a Mancomunidade do Val Miñor coa próxima presidencia do Alcalde socialista de Nigrán, etc.

Especial transcendencia tivo o tema da crise económica e a súa incidenza na nosa comarca, coa presenza na reunión de comerciantes, empresarios e traballadores, donde se explicaron as iniciativas e actuacións que a nivel local se veñen desenrolando para paliar os efectos da crise e dar resposta ás súas inquedanzas e necesidades.

Froito desta reunión adoptouse a opción de traer ao noso Val a cargos políticos e institucionais de nivel autonómico e nacional que poidan trasladar aos nosos afiliados, simpatizantes, votantes e público en xeral as actuacións que se veñen desenvolvendo a nivel autonómico e nacional en todos estes temas.

Esta será unha mais das futuras reunións que se veñen programando entre as Executivas Locais das agrupacións socialistas da comarca para armonizar políticas, ideas, proxectos e actuacións no ámbito do Val Miñor dende o noso partido, das que se dará debido coñecemento para que poidan asistir todos aqueles interesados.

Xornadas sobre Cooperativismo e vivenda

Este vindeiro sábado día 7 de novembro, ás 18:00 horas no CPI de Panxón terán lugar as PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE COOPERATIVISMO E VIVENDA ás que vos recomendo acodir e participar. Nelas actuará coma ponente un compañeiro da nosa Executiva Local, Mauro Misa Pereira, e serán presentadas polo Alcalde de Nigrán D. Efrén Juanes.

cartel 22

Recoméndovos acodir e participar nesta intereseante iniciativa.