Archivo de la categoría: Limpeza

De tránsfugas e gobernantes: nova entrega das falcatruadas

Hoxe publicamos unha nova entrega dos capítulos adicados ás falcatruadas varias dos tránsfugas e os membros do goberno “triparido” de Gondomar, que vai camiño de converterse en sección fixa do noso blog, pois cada día estes individuos nos asombran máis.

Resulta que o “concelleiro do lixo”, o tránsfuga Cabaleiro, utilizou medios materiais e humanos para fins propios e o fixo en horario de traballo deses operarios, restando polo tanto horas e servizos a tódolas gondomareñas e gondomareños. O concelleiro, que se seguedes o noso blog xa é un experto en defraudar ás institucións públicas, mandou a operarios da empresa Geseco, encargada do servizo de limpeza de Gondomar e que no último pleno foi premiada con 64.000 € por ter realizado traballos extras nos últimos meses, durante a súa xornada laboral a recollerlle unha lancha partiular fondeada en Baiona e trasladala ao seu domicilio en Vincios. Como digo, en horario de servizo dos traballadores. Negalo non pode, pois vos acompaño a proba fotográfica da falcatruada co tránsfuga coma director de operacións, e as xustificacións dadas reflicten claramente a ausenza de escrúpulos deste concelleiro, pandemia que está a extenderse por todo o goberno local.

Seguramente cos 41.000 € de adicación exclusiva (dietas, plenos, comisións, e demais aparte) no lle chegaba para contratar o traslado sen ter que recorrer aos servizos municipais e da mancomunidade…

Haberá que estar atentos e ver a resposta do Sr. Alcalde unha vez coñecida esta actuación do seu concellal do lixo, pois xunto coa “Anaconda do Val Miñor” levamos unha semana ben movida en Gondomar.

Tendes a nova na prensa no seguinte enlace de La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/20/0003_8119383.htm

Lembranzas medioambientais de Gondomar, pedindo expricacións ao Goberno “triparido”.

Fai ben pouco, nunha pequena tertulia, un coñecido comentaba que o mellor que lle podería acontecer a Gondomar era a chegada á vila dunha grande cadea hoteleira. A instalación dun hotel suporía unha cuantiosa inversión económica, postos de traballo, proxección turística e repercusión mediática da vila, … en fin, o certo e que o tipo tiña toda a razón do mundo. Pero a mín algo non me encaixaba. Non son partidario de comenzar a casa polo tellado, e dende logo se queremos ser atractivos para unha grande cadea hoteleira debemos ofrecerlle tódolos servizos e infrastructuras que demandan. Pero algo máis importante por enriba de todo: antes de que as disfruten as grandes cadeas hoteleiras ¡témolas que disfrutar nós!. E témolas que facer realidade con respeto ao entorno e ao medioambente. E o que é máis triste, estamos a falar de servizos tan básicos e primarios hoxe en día como o saneamento, o suministro de auga, a recollida de lixo e tratamento de residuos, a protección dos espazos naturais, …

Para todo isto, fai falla atopar a receita máxica que conxugue a concienciación da xente, a concienciación dos políticos e o urbanismo. Non son quen de dar solución, pero lembrando os meus tempos de cativo na escola repasando o abecedario, mandaría a tódolos políticos que dirixeron e dirixen o noso Concello de volta ao colexio, co desexo de velos sentados nos seus pupitres e repetindo: “de-sen-vol-ve-men-to-sos-ti-ble”. O mellor de tanto repetilo, aprendían a lección.

E así, lembrando e añorando tempos de neno, e non tan neno, se me ven á memoria este Gondomar noso que tanto queremos.

Lémbrome do Plan de Saneamento Integral do Concello, que cunha inversión de preto de 2.000 millóns das antigas pesetas (12 millóns de euros para entendernos) con cargo a Fondos Europeos ía dar cobertura a tódalas Parroquias do Concello. Con cargo a fondos europeos e, polo tanto, sen que nos custara nada a ningún veciño. Era a panacea que ía acadar o daquela goberno do PP. Sí, creo lembrar que estábamos preto do cambio de século cando se falaba diso. Pasados os anos pasou tamén a romería, pero o que non pasou foron os tubos do saneamento por diante das nosas casas, e aos que gobernaban pasoulles que se esqueceron de expricarnos que aconteceu con tal morea de cartos, e a amnesia extendeuse tanto cal epidemia que chegou a afectar tamén á oposición, agora tránsfugas gobernantes collidiños da man cos antigos enemigos irreconciliables. Ahora chega o Plan E ou Plan Zapatero e temos que gastar niso os investimentos que perdemos antes, e perder perdemos de facer novas infraestructuras con eses ingresos. E de perder tamén nos perdemos as expricacións dos gobernantes, de antes e de agora, coma din na miña casa, cans co mesmo collar, e con algún que cambeou del.

Lémbrome de que sí, que se fixo unha depuradora de augas residuais. Sí, é certo, unha depuradora que xurdiu da nada, froito dun convenio urbanístico, recalificación de outros terreos, e demáis falcatruadas semellantes. edargondomarA súa ubicación escolleuse máis por razóns urbanísticas que por informes técnicos que a avalaran, e así resultou como resultou:  técnicamente inviable. E informes disto hai dabondo. Por certo, non sei que opiñarán os veciños de certas zonas de Donas e Borreiros, non sei se estarán dispostos a intalar bombas para facer subir os residuos xerados ata as cotas superiores da mal ubicada depuradora, e logo, de ser creentes rezar para que a tal depuradora depure. Expricacións intenten pedirllas ao PP.

Lémbrome do Polígono Industrial de A Pasaxe-Vincios, un polígono de nacemento espontáneo, coma unha proliferación masiva de champiñóns por propia iniciativa, sin servizos e ordeación algunha. Estamos a falar dun Polígono Industrial “made in o seu albedrío” que carece de seneamento, abastecemento de auga adecuado, sen planificación urbanística, con recheos ilegais, escombreiras, falta de servizo de recollida de residuos industriais, estradas provinciais que o atravesan cal rúa particular, … E sen aparentes visos de solución a curto, medio e longo prazo. Cada ano, o PP nos vende un novo conto sobre o tal polìgono.

Lémbrome dunha das cousas que máis me chamou a atención cando cheguei a Gondomar: non se me pasaba ao cobro recibo da recollida do lixo. Un pouco extrañado e coa intención de non aparecer nas listas bancarias de morosos decinme a indagar e deime conta de que neste Concello non se pagaba pola recollida. Unha vez que me parei a pensalo non me sorprendeu, o sorprendente sería que ainda por riba tivésemos que pagar por un servizo tan deficiente como éste. Pero, ignorante de min, non caía na conta de que aínda que non pagase persoalmente un recibo pola recollida do lixo, o certo é que se paga con cartos de todos nós, pois é o contrato máis caro aboado por calquera Concello do Val Miñor, arredores e demaís. Case como en Portugal o “maior” contrato da zoa. O mellor acadamos así que algún político nos diga claramente canto aboa o Concello o ano por tal servizo, pois iso non fún capaz de averígualo. Diso o PP fai mutis polo foro. Por certo, lembran vostedes ¿cántas folgas de recollida de lixo levamos soportadas en Gondomar?. Pero claro, parviño de min, ainda que non o pagamos de dereito, pagámolo de feito: collan os seus recibos da contribución e compárenos cos dos demais concellos… Pagamos todo iso e máis. E o PP nada exprica.

Lémbrome ademáis do “Punto Limpo”. Sí, ese que despois de levalo dun lado para outro sen saber donde ubicalo, despois de acadarlle sito en Vincios cun acceso máis puntolimpogmarpropio dunha etapa do Tour de Francia e despois inauguralo a bombo e pratillo, fai honor o seu nome, eso sí, pois segue tan “limpo” que nin lixo ten e nin funcionar funciona coma debe. Logro tamén do PP. Non precisamos de medidas populistas cara a galería e si de feitos e solucións reais. Non me lembro do seu custo, diso non.

Lémbrome da cantidade de sendeiros, rotas e vieiros que existen en Gondomar. Sí, existir existen, ben certo que hai que buscalas moito. Non están indicadas, non están adecentadas, non están informadas nin publicadas, non hai planos orientativos, algunhas que no seu día estiveron sinaladas agora son selvas, non teñen accesos, nin servizos … Creo que no Concello non saben nin delas, pero estar están. O que sí non está e o grande paseo a beira do Río Miñor ata a súa desembocadura na marisma de Sabarís-Ramallosa. Ese gran paseo con áreas de ocio e lecer, zoas de observación da natureza, fauna e flora, e carril bici engadido aínda non é unha realidade. Despois de todos estes anos as única noticias que se tiveron dél foron telo leído nas sucesivas promesas nos programas electorais. Convén recordalo. Agora que o penso, tamén me lembro da área recreativa de Vilaza, hai que ver como está de abandoada. Eso sí, se a atopan.

Pois xa ven, entre todos se nos poñemos a pensar aínda vamos lembrando cousas. Os únicos que parece que non pensan, ou non o queren facer, son os nosos gobernantes, os que o foron durante anos baixo as sigras do PP, e os tránsfugas que por ter xa nin teñen respecto ás sigras e andan preocupados en escoller cales serán as seguintes: PP, LIS, PSR, … ¿virá Rosa Diez a Gondomar…?

Lémbrense, pois calqueira expricación que lle pidan aos nosos Gobernantes do “triparido” PP-Move-Tránsfugas, obterá a correspondente “se lle contestará por escrito” … Para mostra un pleno.

Ai, país, cando aprenderemos… Adiantémonos, tódolos políticos de volta á escola. Unha aperta.

Francisco Crusat González

Secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE de Gondomar

A executiva socialista de urxe ao goberno a limpeza das marquesinas

149foto01gAínda que a necesidade de actuación é case xeneralizada, hai casos que se presentan como urxentísimos, como son os de Vilaza (Barreiro) e Borreiros.
No caso de Vilaza, tantos os nenos como os seus pais non lle atreven nin a achegarse a marquesiña, debido ao estado de abandono que presenta, con suciedad, cristais rotos e maleza que fai imposible acceder a ela, co perigo de salubridade e hixiene  que isto supón.
Outro caso constatado persoalmente por membros da executiva socialista é o de Borreiros  onde a marquesiña está tan preto dos contenedores que as bolsas de lixo acaban literalmente dentro dela.
O PSOE de Gondomar insta ao goberno municipal do Partido Popular máxima celeridade nos traballos de adecentamiento e limpeza, tendo en conta que é a saúde e integridade física dos nosos fillos e fillas o que está en xogo, ademais , en breve chegarán as chuvias e os escolares, na maioría dos casos, non terán un lugar digno onde resgardarse.