Lonxe de liortas, polémicas e da simple denuncia mediática, segundo a nosa idea de recuperar o debate político e que en Gondomar se volva a falar de política, o PSOE ven de presentar por rexistro 31 folios de alegacións e melloras ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) elaborado polo goberno do PP da Xunta de Galicia, cuxo proxecto foi remitido ao noso concello. Esta tarefa choca coa actitude sumisa, pasiva e ausente do goberno tripartito de Gondomar, PP-Move-tránsfugas, incapaz de facerlle fronte aos seus superiores da Xunta de Galicia na defensa dos intereses xerais das nosas veciñas e veciños.
Pondo de relieve o inmenso valor que o litoral ten para o noso
concello e a necesidade de establecer un marco normativo que regule o seu aproveitamento dende unha óptica do desenrolo sostible e racional, pretendemos dende o PSOE de Gondomar mellorar o plan presentado respecto das especificidades e necesidades do noso municipio, aspirando por unha banda a un mellor modelo territorial, e por outra a dotalo das medidas de xestión necesarias para poder desenrolalo de manera máis efectiva, de xeito que o POL non se quede nunha mera declaración de obxectivos.
Así en xeral detectamos aspectos mellorables do POL en puntos básicos como son as dificultades de interpretación do territorio e da definición gráfica do plan, eivas na colaboración entre administracións e axentes sociais, falta a aprobación dunhas Directrices de Ordenación do Territorio con carácter previo ao presente Plan, carencias normativas, disconformidade co modelo territorial proposto coa creación dunha figura fracasada como é a da protección de corredor ecolóxico, a falta dun adecuado estudio das repercusións económicas do plan, incoherencias nas proteccións sobre solo urbano consolidado e solo de núcleo rural, melloras en fomento das plantacións forestais con especies autóctonas e da recuperación de zonas inundables e das actuacións públicas nos primeiros 500 metros dende a costa e necesidade de medidas específicas de protección na Rede Natura 2000.
E en particular, referidos ao noso concello, detéctanse unha serie de cuestións que se deberían correxir para adaptar axeitadamente o plan ás necesidades do noso municipio:
- Incoherencias na delimitación do ámbito do POL, considerando que o noso municipio non foi correctamente delimitado na área de aplicación do POL, pois se inclúen terreos que pola súa distancia e pola súa posición topográfica e visual respecto da costa non teñen unha influencia sobre a mesma que faga necesario incluílos dentro do ámbito do Plan. O novo planeamento xeral do noso concello se está a tramitar conforme aos procedementos e determinacións da lei 9/2002, modificada polas lei 15/2004 e 2/2010 de ordenación urbanística de Galicia, e conforme ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica definido nas leis estatal 9/2006 e autonómica 6/2007. Polo tanto existe unha garantía legal e funcional de que continuando co desenvolvemento deste plan, non se van a producir afeccións importantes ou non correxidas sobre o territorio.
- Delimitación de corredores ecolóxicos, delimitándose dun xeito certamente aleatorio varios dos corredores ecolóxicos que nos afectan e que non reúnen as características definidas no POL como tales.
- Cromatismo de núcleos de edificación, que está en moitos casos mal representado. O POL establece varios tipos de núcleos (tradicionais, de recente formación, …) e para cada un deles se lles asigna unha cor das súas edificacións. É importante que esas cores estean ben asignadas, pois son fundamentais para a aplicación do modelo de crecemento proposto no POL.
En definitiva, que a imperiosa necesidade de protección do noso litoral polos seus valores culturais, ambientais, paisaxísticos e económicos fronte a unhas inadecuadas políticas urbanísticas, obrigan ás administracións a non quedar impasibles e a formular o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. Este plan trata de establecer un novo modelo territorial baseado fundamentalmente na división de todo o territorio afectado en zonas con distintos grados de protección e na identificación de elementos a protexer ou, no extremo oposto, a eliminar ou reordenar para integralos na paisaxe litoral. Así se prevén corredores ecolóxicos que discorren aproveitando cauces dos ríos e regatos.
As proteccións establecidas se traducen en criterios e normas limitativos dos crecementos urbanísticos e que regulan os usos autorizables e os prohibidos nas distintas áreas protexidas, cun rango xeráriquico superior aos plans urbanísticos de competencia municipal, debendo éstos adaptarse ás determinacións do POL.
Esta depencencia xerárquica vai provocar numerosos conflictos e tensións na aplicación do nos planeamento urbanístico vixente así como na formulación de novos plans a partir da entrada en vigor do POL.
Por outra banda, o POL nacerá coxo por dous factores: a ausencia de Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia aprobadas ántes da entrada en vigor do POL, e por outra os erros de interpretación da realidade física do territorio xunto coa indadecuada expresión gráfica e normativa empregada para representar o novo modelo territorial.
Outros motivos de rexeitamento do POL pola nosa banda, e motivo do seu previsible fracaso, son a falta de “xustificación económica” do espírito proteccionista do modelo proposto, e a carencia das necesarias previsións respecto dunha adecuada xestión que poida facer funcionar un modelo territorial baseado de xeito importante na xeración duns corredores que sirvan de conexión ecolóxica e funcional entre as distintas áreas e elementos definidos no propio plan.
Ademáis, é necesario manter ata a aprobación final do POL a suspensión de tramitación de novos planeamentos na franxa dos primeiros 500 metros dende a ribeira do mar.
Dada a trascendencia, importancia e necesidade do plan de ordenación do litoral, non debería aprobarse sen antes correxir as deficiencias que no mesmo se observan con carácter tanto xeral coma referidas ao noso concello de Gondomar, e sen mellorar a coordinación e participación administrativa no procedemento, todo o cal repercutirá, sen dúbida, nunha maior calidade e viabilidade do modelo territorial proposto, e no benestar e satisfacción das gondomareñas e dos gondomareños.
Executiva Local do PSdeG-PSOE Gondomar
Enlace completo ás alegacións:
Alegacións POL Gondomar.2010