Archivo de la categoría: Opinión

EL PP DE GONDOMAR “ANTES MUERTO QUE SIN-SILLA

El candidato socialista a la alcaldía de Gondomar PACO FERREIRA, considera que a los populares se le hace grande la alcaldía, prueba de ello es:

Publican unas fotos en su blog que lo que vienen a constatar es la dejadez de ese gobierno y los hechos denunciados por los socialistas, dado que 48 horas después aún siguen los expedientes de empadronamiento abandonados y sin tramitar encima de la misma silla, esa foto lo dice todo, gracias. Pero por lo menos saquen antes la escalera, que se supone que es el registro general del ayuntamiento de Gondomar a donde acuden los vecinos a realizar gestiones administrativas, no es el almacén de vías y obras: escalera, cajas amontonadas, etc…

Por qué no desmienten los populares los hechos denunciados y pretenden desviar el tema, es muy fácil, se tramitaron o no los más de 400 expedientes que están amontonados y abandonados en una esquina, miente Ferreira o miente Natalia? (empiezo a pensar que son más de 400); están ahí desde junio del 2010 o no? Es fácil desmontar las acusaciones de Ferreira, por qué no se hace?, de lo contrario sólo queda pensar que miente el PP, admítanlo y soluciónenlo ya.

Natalia (PP) amenaza a Ferreira con querellarse, pues adelante; con expedientarlo, pues adelante. Uno ya es mayorcito para ser consecuente con lo que hace, pero los hechos denunciados son imputables al gobierno no al candidato socialista, la infidelidad en la custodia de documentos públicos es responsabilidad de ese gobierno única y exclusivamente. Qué datos personales facilitó Ferreira, díganme nombres, apellidos, estado civil, de qué datos personales estamos hablando para decir que vulneré la Ley de Protección de Datos. ¿Natalia considera “datos” una bonita silla con carpetas encima?. La única cuestión a tratar en este asunto es que el gobierno tiene la obligación de velar por el cumplimiento de la tramitación sin demora y reenviarlos a finales de cada mes al INE y de dar, gestionar y ofrecer un servicio administrativo a sus vecinos que para eso están.

Dependencias cerradas, nocturnidad, pasamontañas, cámaras de alta definición con rayos ultravioleta, última tecnología en espionaje, bla bla, pero en que mundo viven los populares de gondomar: “van falar eles de legalidade, pero é que temos que recordarlle que no anterior goberno popular dos nove concelleiros populares oito foron xulgados e condenados, e algún deles por varios delitos á vez…”. “Eu entendo que non poidan ver diante á policía, pero que deixen de mentir constantemente e de entrar en personalismos e que se dediquen a facer o seu traballo, que é solucionar os problemas dos seus veciños e non causarlles problemas como están a facer día sí día tamen”.

Pero lo más importante y que deben saber los vecinos de Gondomar es que hoy mismo fui al ayuntamiento de Gondomar a solicitar un VOLANTE DE EMPADRONAMIENTO para mi mujer que se empadronó en julio del 2010 (Natalia dice hoy mismo en el faro de Vigo que para solucionar el problema expedirá volante de empadronamiento, también lo hacen los populares en su blog, corroborad: http://vocespopulares.blogspot.com/2011/01/francisco-ferreira-accede-sin-permiso.html ), y para mi sorpresa el departamento encargado me dice que NO DAN VOLANTES DE EMPADRONAMIENTO. Decido hablar con Natalia y ésta no está, según el secretario particular del alcalde y presidente del PP de Gondomar, quien me atiende personalmente, y luego de consultar con la secretaria general del ayuntamiento me dice QUE NO PUEDEN DARME ESE VOLANTE DE EMPADRONAMIENTO PORQUE MI MUJER NO ESTÁ EMPADRONADA. Pero cómo va estar empadronada si no le mandan el expediente de empadronamiento al INE, ¿pregunto?. Además después de insistir para cuándo me lo pueden dar, y para mi sorpresa, me dicen que cuando el funcionario encargado se incorpore de sus vacaciones, luego que tiene que hacer un curso y cuando lo acabe instalarán un programa informático nuevo y empezarán a darlos. ¿Preguntado para cuándo?, no sabe…


Gondomar a 19 de enero del 20011.

El Candidato y Secretario General del PSdeG-PSOE de Gondomar.
Fdo.: Juan Francisco Ferreira González

MATEMOS AO MENSAXEIRO, PARECE SER…

Os últimos acontecementos deixan ben ás claras o desgaste, esgotamento e incapacidade do goberno tránsfuga de gondomar, suma de egos e intereses persoais, incapaz de realizar xestión eficaz algunha, lonxe cada vez máis do sentir popular e asociativo do noso concello, endebedado, mal pagador e incumplidor das súas promesas. Éste é, desgraciadamente, o panorama que nos amosan os nosos gobernantes.

Os socialistas de Gondomar levamos tempo denunciando esta situación de incapacidade e sacando á luz pública os problemas das gondomareñas e os gondomareños.  Ante cada denuncia recibimos en resposta silencio, desprecio e, tamén agora, ameazas. Esto indica que vamos no camiño correcto e que a nosa labor e a nosa liña política son acertadas. A resposta do Goberno sempre é a mesma: “Parece ser…”

 Fai escasos días o Alcalde Martín Urgal respostaba ao posible rexeitamento á instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro cun “parece ser que o parque eólico non vai afectar tanto a Gondomar, que está na súa maior parte en O Porriño.” O PSOE adoptou dende o primeiro momento unha postura contraria a esta infraestructura, nociva para o noso Concello, en conformidade co demandado polos cidadáns e o movemento asociativo.

 O noso tenente de alcalde, o Sr. De Lis é incapaz de cumplir a súa promesa de aprobar un PXOM antes das municipais. Segundo declarou “parece ser que a empresa redactora tivo un pequeno problema…” En fin, xulguen vostedes, pero o que sí parece é que nin se vai a aprobar tal plan nin se concedeu, ata a data, licencia algunha na famosa “reviviscencia” –menuda palabra- do planeamento anterior ao derogado Plan, que tanto nos vendeu o noso tenente de alcalde parroquia por parroquia. “Parece ser que é culpa dos funcionarios…”

 “Parece ser que os funcionarios non se enteran”, foi o que declarou quedándose tan ancho o noso concelleiro do lixo, Sr. Cabaleiro, cando os socialistas sacamos á luz pública o oneroso aluguer que pagamos polo único vehículo da Policía Local do que dispomos, cando a Xunta vai regalando vehículos por Baiona e Nigrán. Máis ben parece ser que o que non se entera e o concelleiro, responsable de tan brillante e eficaz xestión.

 Os socialistas de Gondomar vemos tamén denunciando que o Concello non paga as subvencións dende o 2009 ás asociacións culturais, clubes deportivos, ANPAS e demais. Dende o Concello tamén nos tranquilizaron: “Parece ser que é problema da baixa da interventora, pero non se preocupen, todo está controlado”. Semellante control non llo desexo a ninguén, a verdade.

E chegamos á última. O PSOE de Gondomar ten denunciado o retraso e ineficacia do Goberno local para tramitar as altas e modificacións no padrón municipal de habitantes, que se amontoan nunha silla dende o pasado verán. Parece ser que a cousa eche ben certa, pois, incapaces de negar a evidencia, os nosos gobernantes tomaron cartas no asunto e ameazan con demandar ao denunciante por publicar a foto dos citados expedientes apilados na silla máis famosa do Concello, despois da do Sr. Alcalde. Matemos ao mensaxeiro, din os nosos gobernantes, en loable actitude democrática… En fin, cousas tanto querer “parecer ser”.

 Francisco Crusat

Secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE de Gondomar.

… Y ROSA METIÓ LA PATA.

-“Gallego”, contestou Rosa debuxando un sorriso na boca. Coma na película, Dona Rosa colleu o fusil. Sí, compañeiros, Rosa Díez meteu a pata. Nada novo nesta política desexosa de crear polémicas para poder estar no candeleiro. A río revolto ganancia de pescadores, e o río revolto é o seu habitat político. O seu discurso demagóxico e o oportunismo para pretender sacar réditos electorais de todos os debates e liortas xa comezan a ser máis ca evidentes.

Na nosa terra os vellos din que ás persoas coñeceralas pola súa equipaxe, e no tocante a maletas a líder de Unión Progreso y Democracia ten unha bagaxe que lle nega toda credibilidade e fiabilidade.

Nembargantes, a súa ata o de agora última metedura de pata ía dirixida coma un ataque frontal contra todos nós, os galegos, contra a nosa terra, contra a nosa cultura e contra a nosa lingua. Un xa é coñecedor da inconsciencia desta trilera política, antiga socialista convencida que un bó día perdeu a rosa e quedouse co puño para atizar. As súas verbas merecen unha disculpa pública que lonxe de producirse agravouse con novas declaracións. Os galegos “non se sabe se suben ou baixan”, espetou a ínclita. Apriquese o conto, de vostede ninguén sabe se sube ou baixa, agora son socialista agora non, agora son bilingüista agora non, agora rompemos España agora non, agora tiro para o Norte agora para o Sur, … Os galegos poida que subamos ou baixemos, pero sí sabemos a quen temos que baixar cos nosos votos. Non se apure, Doña Rosa, iso sabémolo ben e saberao vostede.

Escoito a un socialista galego, Pepe Blanco, Ministro de Fomento, e coincido con él: “Máis que descalificar aos galegos, descalifícase ela mesma” e, sen que serva de precedente, suscribo o dito polo Presidente da Xunta, Nuñez Feijoo: “Non ofende quen quer, senón quen pode.”

Ben é certo unha cousa. Coas súas verbas realmente deulle fundamento e base ás siglas do seu partido: Unión Progreso y Democracia.

Unión: a que conseguiu entre todos os galegos contra das súas declaracións.

Progreso: demostrando o grao de madurez da sociedade galega para ignorar os intentos de desagravio e rexeitar as demagoxias desta política.

Democracia: Para contestarlle con educación e por cauces democráticos a unha das súas meteduras de pata, que desta volta atacou ao noso pobo.

Pensando en clave local, existe semellanza entre Rosa Díez e os infames tránsfugas da nosa vila de Gondomar. Lembremos que a señora Díez abandonou o Partido Socialista “por dignidade”, pero continuou coma eurodiputada elixida na lista do PSOE cobrando como tal, porque unha cousa e a dignidade e outra o bolsillo… Outro tanto fixo o tránsfuga De Lis, só que éste non marchou, ainda por riba houbo que expulsalo. Con semellante líder non vos extrane que Unión Progreso y Democracia presente coma candidato por Gondomar ao Sr. De Lis. Hai un dito moi popular nos pobos mariñeiros: “Tal para cual, maragota e media.”

Respectuosamente, un galego orgulloso do seu pobo, da súa cultura e da súa lingua, e coma seguramente en galego non nos entenda conminoa a pasarlle un traductor on-line, non vaia ser que o “saque de contexto”, gran desculpa dos malos pagadores.

Francisco Crusat González

Secretario de Política Municipal

Agrupación Socialista de Gondomar