“Os orzamentos da Xunta en materia sanitaria son un paso adiante na desestabilización do sistema galego” Modesto Pose denuncia que non hai nin un só euro orzamentado para contratar novo persoal no sistema sanitario galego
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 09.
O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose interveu hoxe, na Comisión 3 do Parlamento, para defender as emendas socialistas áos orzamentos da Xunta. Dixo que as cifras de Feijoo non axudan a Galicia a saír da crise, e subliña a diminución de 38 millóns de euros nesta area. E afirmou que o Partido Popular prioriza e selecciona mal os seus obxectivos. E proseguiu “a Consellería non pode dicir que vai facer mais con menos orzamento, porque polo de agora milagres non ten acreditado”, ironizou.
Pose dixo que os orzamentos de Feijoo non aportan nin un só euro para atención primaria, saúde mental, coidados paliativos e hospitalización a domicilio. Ademais sinalou que estas cifras abren a porta a privatización do sistema sanitario público, e cualificou esta xestión “coma unha autentica marcha atrás e un paso adiante na desastibilización do sistema sanitario galego”, advertiu.
Modesto Pose aludiu tamén aos Hospitais Comarcais “nosoutros creemos neles”, espetou. E citou o Hospital da Costa, o Arquitecto Macide, Salnés e o de Monforte para que presentaron diversas emendas.
Denunciou ademais que non hai nin un só euro orzamentado para contratar novo persoal no sistema sanitario galego.
Mención aparte mereceu a nova construción dos
Hospitais de Vigo e Pontevedra. Pose advertiu, na súa intervención, que hai recursos para construílos con recursos públicos, pero lamentou que o Partido Popular non quere facelos. Dixo que “en Pontevedra o que queren facer para o ano que ven é un Plan Funcional”. Lembrou que as emendas socialitas para os citados Hospitais son de 9 millóns de euros para Vigo, e 6 millóns para Pontevedra.
O PSdeG defende o carácter público dos centros día con alternativas como a cesión da súa xestión aos concellos Laura Seara e Carlos Fernández demandan “coherencia” e “continuidade institucional” dos acordos acadados entre os concellos e o Consorcio de Igualdade e Benestar
Santiago de Compostela, 2 de decembro 09
A secretaria de Igualdade, Políticas Sociais e Emigración do PSdeG, Laura Seara, expresou hoxe o rexeitamento “total e absoluto” á unha posible privatización dos centros de día proxectados en 14 concellos galegos, que representa “unha nova mostra do desmantelamento dos servizos sociais por parte da Xunta”. Así o explicou nunha rolda de prensa xunto co presidente da Fegamp e membro da Executiva do PSdeG, Carlos Fernández, ao remate dunha xuntanza de traballo con medio cento de alcaldes e portavoces socialistas para valorar a situación dos servizos sociais nos concellos.
Seara recordou que os centros de día “están feitos con cartos públicos e en terreos municipais que os concellos cederon a Xunta” e criticou que a Xunta pretende pasar a mans privadas “o patrimonio municipal”. A deputada censurou esta nova mostra da “regresión ideolóxica” do Goberno de Feijóo no que respecta aos servizos sociais.
A secretaria de I
gualdade afirmou que a Consellería de Benestar é “a peor xestionada de todas” e criticou que “desmantele o consorcio sen ofrecer mais alternativas que a privatización”. A deputada socialista sinalou que esta é unha nova mostra de que o PP “non cre no social nin no público”, como xa demostrou coa Sanidade, a Educación e co Hospital do Centro Galego en Bos Aires.
Seara subliñou a “alarma social” creada polo anuncio de que os 14 centros de día proxectados poidan pasar a ser xestionados por mans privadas, e recordou o compromiso de Feijóo de construír centros de día en todos os concellos de mais de 1.500 habitantes. “Hai catro anos non había ningún centro, agora hai 57, quédanlle 204 por construír e nos orzamentos do vindeiro ano hai cero euros para novos equipamentos sociais dentro do consorcio, co cal non sei como pretende facelo”.
Pola contra, subliñou que Galicia ven de recibir 87 millóns de euros dos fondos estatais, aos que se poden engadir os fondos que destina a través do Plan E para os concellos, entre os que se inclúe o financiamento de equipamentos polo que “non é certo que non haxa fondos”.
Seara puxo sobre a mesa outras alternativas á privatización dos centros, entre elas “que a Xunta ceda aos concellos a xestión destes equipamentos, ben a través de consorcios, convenios entre concellos ou con organizacións do terceiro sector”.
Inquedanza nos concellos
Pola súa parte, Carlos Fernández asegurou que nos concellos “hai unha enorme inquedanza respecto aos servizos sociais”, e referiuse concretamente ás oficinas de I+B, ás escolas infantís “nas que o único que se fixo foi o cambio de nome” ou agora no caso dos cambios nas condicións dos convenios que tiñan asinado co consorcio.
Fernández demandou ao Goberno galego “coherencia” e “continuidade institucional do xa acordado” e criticou que o cambio de goberno autonómico “supoña dar marcha atrás” a acordos acadados. “Non é posible que unha corporación municipal ceda terreos e leve a pleno un convenio, e co cambio de goberno autonómico lle muden as condicións”.
Criticou que o Goberno de Feijóo “demasiadas veces opta por esta actitude de pisar o freo e mirar o retrovisor” para eliminar todo o feito polo anterior goberno.