Archivo de la categoría: Vivenda

O PSdeG propón un plan específico de vivenda para maiores, mozos e desempregados.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 10.

A coordinadora da Área do Territorio do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón, e a portavoz de Vivenda, Carmen Cajide, propuxeron hoxe un Plan Específico de Vivenda para os colectivos máis vulnerables diante da política de vivenda “errática” de Feijóo. Propuxeron unha batería de iniciativas dirixidas a mellorar a habitabilidade de pobos e cidades e incentivar ao sector na crise económica actual. Barcón lamentou a “ineficacia e incompetencia” de Feijóo en política de vivenda ao limitarse a “fotocopiar os decretos estatais, desmantelar o aparato administrativo que se encargaba de desenvolver as políticas de vivenda da Xunta e limitarse a asumir as obrigas competenciais impostas polo Plan Estatal de Vivenda”. Dixo que a crise “esixe medidas eficaces e mellorar a eficiencia dos orzamentos” mentres o PP “continúa sen sinalar prioridades nesta materia”. Propuxo un Plan Especial de Vivenda, complementario do Plan Marco Estatal de Vivenda, para poñer en marcha medidas propias dirixidas aos colectivos con máis dificultades, así como a mobilización de vivenda baleira e a utilización do aluguer e a rehabilitación. Reclamou así medidas específicas para a persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, mozos e mozas así como para persoas desempregadas e usuarias dos Plans de Inclusión Social.

  • A portavoz de Vivenda, Carmen Cajide, explicou que este Plan inclúe un programa de vivenda para persoas maiores ou con dependencia, con axudas proporcionais ao nivel de ingresos e compatible coas axudas do Plan de Vivenda 09-12. As axudas chegarán ata o 75 por cento do orzamento de obras para adaptación e reforma da vivenda cun tope máximo de 9.000 euros por vivenda.
  • Os socialistas desenvolverán tamén un programa especial de acceso á vivenda para mozos e mozas con medidas de apoio ao aluguer e axudas para rehabilitación cun apartado específico de axudas para a rehabilitación no rural.
  • Finalmente, anunciaron un programa especial de vivenda destinado a desempregados, que complemente as axudas do ICO para o mantemento de vivenda propia para desempregados. Propuxeron tamén que os usuarios de plans de inclusión social ou perceptores do Risga poidan acceder a axudas específicas para aluguer, cunha axuda dende o 50 ata o 70 por cento da renda mensual durante un máximo de dez anos sometido a revisión anual e conlevará o cumprimento das condicións do itinerario persoalizado do usuario.

O novo Plan Xeral: caerían xa do guindo ?

Despois das informacións aparecidas na prensa, un non pode senon abraiarse polo fume que andan a vender hoxe en día os representantes do goberno tripartido do PP-tránsfugas-Move cun tema de tanta transcendencia coma é o Plan Xeral de Gondomar. A fin de que a información seña eso: información, vos deixo un enlace a un artigo aparecido no periódico El País, xoves día 5 de novembro, que reflicte claramente a situación actual:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/transfugas/Gondomar/encargan/plan/urbanismo/elpepuespgal/20091105elpgal_9/Tes

Espero que vos aclare un pouco o tema. Polo que respecta a nosa opinión: A mesma que vemos mantendo dende que accedemos á dirección local do partido. GONDOMAR NECESITA UN NOVO PLAN XERAL. Nós non mudamos de opinión. A nosa colaboración para elo, o noso apoio para elo, e o noso consenso para elo. Agora ben, PARA ELO, para un NOVO PLAN XERAL, esquecéndonos do Plan Xeral da Corrupción. Un novo Plan Xeral REAL, RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE, SOSTIBLE, DOTADO DE SERVIZOS, NON ESPECULATIVO… un novo plan feito con cabeza e criterio, ahí nos atoparán. Certamente esto é o que non quer o actual Goberno. Alabamos, nembargantes,  o cambio de parecer do PP e dos tránsfugas, agora falan de FACER UN NOVO PLAN, NON FOI SEN TEMPO POIS FIXÉRONLLE PERDER A GONDOMAR ANO E MEDIO, pero ollo amigos, que todos nos coñecemos e cos antecedentes que presentan todos estes non se presaxia nada bo. Máxime cando ollamos e oimos decir ao tránsfuga Sr. De Lis, responsable de urbanismo, que “non hai que confundir ilegalidade con corrupción”. Un bota as mans á cabeza e se pregunta se non será esta a súa Declaración de Intencións…

Estes son os que nos van dotar dun novo plan xeral. Os que fixeron un plan que finalmente foi declarado ilegal, os que tentaron de colarnos un plan xeral cheo de corrupción e ilegalidade (Sí, Señor De Lis, é a mesma cousa), os que levaron cartos no peto con convenios ilegais, os condenados por prevaricación, os que meteron a Gondomar na encrucillada e nos encheron de inseguridade xurídica, os que andan coaccioando á xente e amenazando aos que non comparten os seus criterios, os atados de mans por intereses urbanísticos, os tránsfugas que venderon os seus ideais por 41000 € anuais … Señores, pararei de contar pero tal como lles contei os antecedentes non presaxian nada bo. OGALLÁ NOS EQUIVOQUEMOS.

Respecto dos prazos, outro OGALLÁ.

EL PAIS, 05/11/2009

El gobierno de tránsfugas de Gondomar aprobó ayer el pliego de condiciones para la redacción de un nuevo plan general de urbanismo después de habérselo impedido como oposición al gobierno nacionalista que desalojaron en julio mediante una moción de censura. Los grupos y concejales que ahora forman el gobierno eran partidarios, en lugar de redactar un nuevo plan como proponía el BNG, de recuperar “lo que hubiera de aprovechable” en el de 2006, conocido como “el plan de la corrupción”.

Una vez en el gobierno, han cambiado de opinión. El ex socialista Alfonso de Lis, concejal de Urbanismo, anunció ayer que el Diario Oficial de la Comunidad Europea publicará hoy el pliego de condiciones con la convocatoria del concurso para la redacción de un nuevo plan, presupuestada en 348.000 euros. El objetivo es que pueda participar en el concurso “cualquier empresa europea”.

Las empresas que concursen dispondrán de 52 días para presentar sus proyectos, con lo cual, “a finales de año” Gondomar podrá contar ya con un equipo redactor. Este equipo, según De Lis, dispondrá de un plazo de 14 meses para concluir su trabajo, de manera que el documento podrá estar terminado, “en febrero o marzo de 2011″, es decir, cuando esté a punto de acabar el actual mandato.

Este mismo cronograma contradice los anteriores argumentos de De Lis y sus actuales compañeros de gobierno para bloquear, como oposición, el encargo de un nuevo plan general que pretendía el gobierno del BNG, a cuyo efecto disponía de una subvención de 300.000 euros de Política Territorial. Incluso denunciaron la tentativa de los nacionalistas de arrancar con la tramitación del plan formulando en el juzgado una declaración de lesividad para los intereses de Gondomar ya que, adujeron, la recuperación del plan de 2006 resultaba más económico.

Dos concejales del gobierno del anterior mandato (PP) están procesados por un cohecho relacionado con el urbanismo y otros cinco, incluido el ex alcalde, Carlos Silva, condenados por prevaricación de igual signo. De Lis aseguró ayer que el nuevo plan “será abierto y transparente” y contará con la “implicación” de la Xunta para sacarlo adelante. El concejal subrayó que el objetivo final es “dar licencias antes de que acabe este mandato” porque la situación urbanística en Gondomar es “caótica” debido a la “falta de recursos y de cobertura legal”.

Xornadas sobre Cooperativismo e vivenda

Este vindeiro sábado día 7 de novembro, ás 18:00 horas no CPI de Panxón terán lugar as PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE COOPERATIVISMO E VIVENDA ás que vos recomendo acodir e participar. Nelas actuará coma ponente un compañeiro da nosa Executiva Local, Mauro Misa Pereira, e serán presentadas polo Alcalde de Nigrán D. Efrén Juanes.

cartel 22

Recoméndovos acodir e participar nesta intereseante iniciativa.