Archivo mensual: marzo 2010

EL PSOE DE GONDOMAR MUESTRA SU APOYO Y SOLIDARIDAD CON LOS EMPLEADOS PUBLICOS DEL AYUNTAMIENTO DE GONDOMAR EN SUS REIVINDICACIONES LABORALES

La Ejecutiva Municipal del PSdeG-PSOE de Gondomar presentó por registro general su apoyo y solidaridad con las reivindicaciones laborales que están llevando a cabo los empleados públicos del ayuntamiento de Gondomar. Según los socialistas el gobierno del PP de Gondomar está mostrando, una vez más, la falta de coherencia política, seriedad y de compromiso con sus empleados públicos “saltándose a la torera la Ley y el Acuerdo Regulador aprobado por el Pleno Municipal”. Hay funcionarios que llevan esperando en cobrar parte de sus sueldos desde hace más de un año, y tendrán que seguir esperando, según el gobierno tripartito al no atender las reivindicaciones demandas por sus empleados.

Los profesores del conservatorio de música se vieron obligados a acudir a los Tribunales para ser resarcidos de los más de 30.000 euros que el gobierno les debía. Ahora la justicia falló a favor de los empleados y les reconoce sus derechos y obliga al concello a pagar, aún así, el gobierno no quiere ni acató la sentencia por lo de ahora, lo que obligó nuevamente a los sindicatos a acudir a la autoridad judicial exigiendo de éste la ejecución forzosa de la aplicación de la sentencia bajo el apercibimiento de desacato. Otra funcionaria en excedencia que solicitó el reingreso a su puesto de trabajo, no es admitida discrecionalmente por el criterio partidista del gobierno a pesar de estar vacante su plaza. Otro empleado que se jubiló anticipadamente y que debe ser indemnizado económicamente con 24.000 euros todavía no recibió ni un solo euro, ni sabe cuando será atendido su derecho.

Prácticamente a todos los empleados públicos se les adeuda parte de su sueldo desde el año 2009 hasta la fecha. Otro departamento “machacado” es la policía local a la que a sus once agentes se les adeuda más de 40.000 euros en atrasos mensuales desde el 01 de enero del 2009, por imperativo legal de la entrada en vigor de la Ley de Coordinación de Policías Locales de Galicia.

Lo del gobierno gondomareño no tiene parangón aseveró Francisco Ferreira Secretario General de los socialistas:es una frontal vulneración de la ley, un atentado contra los derechos fundamentales de los trabajadores municipales y una actitud despótica e irresponsable hacia la administración y sus administrados”. “Es inadmisible que el gobierno se niegue a pagar a sus empleados lo que la ley les reconoce, mientras ellos no reparan en cobrar sus desmesuradas dedicaciones exclusivas sin demora, plenos, comisiones, dietas, etc…, y que como es sabido, ascienden a más de 20.000 euros mensuales”.

Los socialistas de Gondomar no “podemos mirar para otro lado ante la manifiesta vulneración de la ley y de los derechos laborales de los empleados públicos” que está llevando a cabo el gobierno del PP. “Estamos y apoyamos a los empleados públicos del concello de Gondomar, con quienes nos solidarizamos y compartimos sus reivindicaciones, exigiendo al gobierno del PP que cumpla con la legalidad y respete el Acuerdo Regulador aprobado por el Pleno de la Corporación y abonando a cada uno de los empleados públicos las retribuciones que en su caso le correspondan”. Asimismo, le recordamos una vez más al PP “que las sentencias judiciales son para cumplir y acatar, algo que debería tener presente para no volver a cometer ilegalidades, a lo que nos tienen acostumbrados a los gondomareños”. Concluyó Ferreira.

Gondomar a 23 de marzo del 20010.

El Secretario General del PSdeG-PSOE de Gondomar.

Fdo.: Juan Francisco Ferreira González

INICIATIVA DO PSOE DE GONDOMAR RESPECTO DA SANIDADE

A EXECUTIVA LOCAL DO PSdeG-PSOE DE GONDOMAR, ao amparo do disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réximen Local, no Real Decreto 2568/1986 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xúridico das Entidades Locais, e na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, baixo a protección xurídica da Constitución Española, presenta AO PLENO DO CONCELLO DE GONDOMAR a seguinte

I N I C I A T I V A

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, anunciou publicamente que, para financiar a posta en funcionamento do novo Hospital de Vigo, utilizarase o modelo concesional coa fórmula de pago por dispoñibilidade.

As concesións de obra para construír hospitais consisten en que unha empresa ou grupo de empresas privadas, principalmente construtoras, ás que tamén se unen os bancos e empresas de servizos, son as que levan a cabo a construción das novas infraestruturas sanitarias por encargo do Sistema Público de Saúde.

O custo da construción e do equipamento dos novos hospitais sufrágase desembolsando ás empresas construtoras unha cantidade ou canon. Se multiplicamos esa cantidade anual que pagará o SERGAS polos anos de duración da concesión (20 no proxecto de Hospital que se propón para Vigo), o resultado superará varias veces o valor de licitación das obras e os equipamentos dos novos hospitais (nalgúns casos chegou a ser ata catro veces superior: cos fondos empregados o SERGAS podería pagar catro hospitais das mesmas características).

Esta forma de colaboración pública-privada implica desembolsos económicos moi superiores para o noso sistema sanitario que os modelos exclusivamente públicos como os empregados ata agora no resto de Galicia. Isto é debido ao seguinte:

1 – As empresas adxudicatarias acoden a importantes endebedamentos. Os intereses que han  pagar estas empresas a Bancos e Caixas son moi superiores aos que pagaría a Administración Pública. As empresas imputan este custo ao canon, o que supón un custo moito máis caro que o que suporía unha operación crediticia realizada pola propia Xunta, a través de mecanismos xa establecidos como é a Sociedade Pública de Investimentos.

2 – As empresas teñen como lexítimo obxectivo conseguir a maior rendabilidade posible tanto  para os seus directivos como para os seus accionistas, sendo o SERGAS quen  acaba garantindo eses beneficios con cargos aos seus fondos.

3 – Os custos das renegociacións dos novos contratos, no caso de creba económica dalgunha das empresas concesionarias. Deste fenómeno o Reino Unido ten numerosos exemplos (ata 14) e tamén se observou no hospital de Alzira en Valencia.

Outros inconvenientes deste modelo son a hipoteca da capacidade de investimento e a redución dos orzamentos sanitarios dos Servizos de Saúde durante décadas, a limitación da capacidade dos hospitais para adaptarse ás melloras e innovacións tecnolóxicas, o empeoramento da calidade asistencial e a seguridade dos doentes así coma o empeoramento das condicións laborais dos traballadores

Por todo o anterior, rexeitamos radicalmente os argumentos esgrimidos en defensa de modelo algún de colaboración pública-privada como a axilidade nos prazos de posta en funcionamento dos novos hospitais ou problemas orzamentarios que ademais de ser falsos, non demostran nada máis que a propia ineficiencia dos actuais responsables da Xunta de Galicia e a pouca confianza que teñen en se mesmos.

Por todo iso, o A Agrupación Socialista propón ao Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

  • Instar á Xunta de Galicia a manter os Plans Funcionais e os Proxectos Arquitectónicos do novo Complexo Hospitalario de Vigo existente antes dás eleccións autonómicas do 1 de Marzo de 2009, que foron elaborados coa colaboración e participación activa de todos os profesionais sanitarios dos Complexos Hospitalarios, cas dotacións de camas, equipamentos tecnolóxicos e servizos de referencia.

  • Instar á Xunta de Galicia a existencia dunha porta única para todas as urxencias que garanta a mesma calidade asistencial a todas as persoas e que acabe coa desigualdade que soportan actualmente na Área de Vigo os cidadáns de Coia, Val Miñor, Cangas e Moaña.

  • Instar á Xunta de Galicia que o financiamento destes novos Complexos Hospitalarios sexa con capital público e con todos os seus servizos tamén con  xestión totalmente pública, a través da Sociedade Pública de Investimentos, e non de financiamento privado.

  • Instar á Xunta de Galicia que rexeite rotunda e definitivamente a inclusión da participación privada no financiamento dos novos hospitais.

Gondomar, a 18 de Marzo de 2010.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira González.

¿ SERÁ ÉSTE O CONCEPTO QUE TEN O GOBERNO DO P.P. E OS TRÁNSFUGAS DO SERVIZO PÚBLICO ?

O pasado 10 de marzo, o Boletín Oficial de Pontevedra recollía a oferta de cursos incluidos no Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2010 da Deputación de Pontevedra, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).Tales cursos teñen como destinatarios ao persoal da Deputación e os seus Organismos Autónomos xunto co persoal dos Concellos adheridos ao Plan.

O certo é que neste ano 2010, o Concello de Gondomar non se adheriu ao mesmo tal coma viña sendo habitual, polo que o seu persoal non pode participar nos cursos ofertados. Esto deixa ben claro, en palabras de Francisco Crusat, Secretario de Política Municipal, o concepto que o Goberno do PP e os tránsfugas teñen do “servizo público”, ao privarlle aos seus traballadores de cursos gratuitos de formación específica que redundan en beneficio seu e dos propios cidadáns pola mellora da calidade do servizo público que desempeñan.

Dende o PSOE de Gondomar esixímoslle responsabilidades ao Goberno do PP-tránsfugas e ao seu Concelleiro de Persoal e instámoslle a respostar públicamente acerca dos motivos desta omisión.
Lembremos que son cursos organizados e ofertados pola Deputación de Pontevedra, salvavidas do goberno tránsfuga de Gondomar, o que nos leva a preguntarnos se nas moitas reunións que mantiveron co Sr. Louzán se esqueceron deste tema, tan liados como estaban co seu reparto de poder, adicacións exclusivas e pago dos favores aos tránsfugas.

BOP de Pontevedra de 10 de Marzo

INICIATIVA DO PSOE GONDOMAR: LIBERALIZACIONS DAS PEAXES DA AUTOESTRADA E APOSTA POLO CARRIL BICI-PASEO A RAMALLOSA

I N I C I A T I V A

LIBERALIZACIÓN DA PEAXE NA INTERCOMUNICACIÓN DO VAL MIÑOR NA AG-57 E A EXECUCION DA HUMANIZACION E CARRIL-BICI DA PO-340 DE GONDOMAR A RAMALLOSA

Exposición de motivos:

No ano 2.008 a Xunta de Galicia aprobou un convenio con Autoestradas de Galicia para a execución dos ramais de enlace na Autoestrada do Val Miñor (AG-57). En dito convenio, entre outros, descríbese a realización de novos enlaces no termo municipal de Gondomar, Nigrán e Baiona, tales como os de Vilariño de Abaixo, Vilariño de Arriba-Parada e a conexión en Porto do Molle, Vilaza-Villarés, Vincios ou Sabarís, como unha mellora da funcionalidade da autoestrada e de interconexión dos tres Concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar).

Os movementos de vehículos xerados polos novos enlaces previstos, ben dentro do noso Concello de Gondomar ou na comarca do Val Miñor, quedan sometidos á peaxe coa excepción de Sabarís-Baredo e inverso, e dende Porto do Molle á rotonda da Estrada PO-552 e inverso. Así, os movementos de vehículos entre o Concello de Gondomar, Nigrán e o de Baiona e inverso deberán pagar peaxe, e lamentablemente incluso dentro do propio Concello de Gondomar no percorrido Vilaza-Vincios e inverso estará sometido á peaxe.

Dada a necesidade de conectar os tres Concellos que conforman o Val Miñor, de forma que se reduzan os problemas de tráfico rodado e peonil existente nas estradas que intercomunican os respectivos Concellos e especialmente na época estival, como é por exemplo, na conxestión do tráfico que sufre o cruce da Ramallosa, a Xunqueira en Nigrán, ou o cruce das avenidas Elduayen, A Feira e Diego Sarmiento no propio centro urbano de Gondomar, así coma o numeroso tránsito de peóns e ciclistas que a PO-340 soporta a diario dende Gondomar a Ramallosa fai necesaria a inmediata construción dun carril-bici e humanización deste vial para facilitar a seguridade viaria dos usuarios da mesma e asemesmo axudar á intercomunicación dos tres concellos do Val Miñor, e que no seu momento esta primeira reivindicación foi demandada neste sentido a través dunha moción plenaria presentada polo propio Partido Popular instando á Xunta de Galicia a que os enlaces de interconexión do Val Miñor foran libres de peaxe, e polo que agora, e ante o inminente remate das obras, proponse para o próximo Pleno Municipal a adopción do seguinte

P R O P O S T A

Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a que os enlaces de intercomunicación do Val Miñor, na Autoestrada AG-57, que recentemente foron inaugurados sexan declaradas libres de peaxe, así coma, comenzar as obras de execución do carril-bici que a anterior Xunta de Galicia tiña proxectado pola PO-340 dende Gondomar ata A Ramallosa.

Gondomar, a 08 de Marzo de 2010.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira González.

Rolda de prensa sobre infraestructuras das agrupacións socialistas do Val Miñor. O PSOE de Gondomar aposta pola gratuidade das peaxes e polo paseo e carril bici Gondomar-Ramallosa.

O Luns, 8 de marzo, na sede do PSOE de Nigrán, tivo lugar unha rolda de prensa conxunta das executivas locais do Val Miñor, representadas polos Secretarios Xerais das agrupacións de Gondomar Juan Francisco Ferreira, Baiona e Nigrán e membros das executivas, xunto co Alcalde de Nigrán e Presidente da Mancomunidade, Efrén Juanes, e o deputado autonómico responsable da área de infraestructuras, Pablo López Vidal.

O obxectivo era claro. Unha vez abertos os necesarios enlaces da autoestrada nos concellos do Val Miñor, dende o PSdeG-PSOE, tanto da comarca como a nivel autonómico, esíxese ao Goberno da Xunta do PP que libere as peaxes da AG-57, co fin de estabrecer a gratuidade da interconexión dos Concellos da comarca miñoriana. Neste senso, presentáronse proposicións non de lei e demandas no parlamento galego, co fin de por fin a un dos tramos de autoestrada máis caros de España.

Por outra banda, dende o PSOE de Gondomar demándase á Xunta a humanización, aumento de seguridade e mellora da estrada de Gondomar a Ramallosa, recollendo o proxecto elaborado polo anterior goberno socialista de Xunta de paseo e carril-bici que chegaba incluso a subir cara a Couso. O PSOE de Gondomar esíxelle ao goberno do PP que aposte dunha vez polo noso concello e recupere un proxecto de vital necesidade e demanda social que foi elaborado polo goberno socialista con estricto respeto ao espazo natural por onde discorre e coas máis esixentes medidas de seguridade vial e peatonal.

No tocante ao proxecto de reforma da estrada PO-325 Vigo-Nigrán, o proxecto que elabora a Xunta de Galicia do PP supón, cunha deminución do ancho da calzada, unha importante merma das medidas de seguridade vial e peonil, ademáis de ser un proxecto feito sen consenso e sen consulta cos Concellos afectados. Os socialistas opinamos que o proxecto reformado de seguridade vial proposto polo actual goberno autonómico é unha aberración con meros motivos electorais, unha chapuza e despropósito.

A Piscina Mancomunada do Val Miñor volve a abrir as súas portas no día de hoxe

No día de hoxe volta a abrir as súas portas a Piscina Mancomunada do Val Miñor, logo do principio de acordó acadado entre a patronal e os traballadores das instalacións deportivas logo de 47 días de folga.
Dende o PSOE de Gondomar queremos agradecer o esforzo feito polo colectivo dos traballadores para por fin a esta folga en defensa dos seus lexítimos intereses, pero que perxudicaba aos usuarios dunha instalación pública.