Archivo de la etiqueta: Efrén Juanes

Rolda de prensa sobre infraestructuras das agrupacións socialistas do Val Miñor. O PSOE de Gondomar aposta pola gratuidade das peaxes e polo paseo e carril bici Gondomar-Ramallosa.

O Luns, 8 de marzo, na sede do PSOE de Nigrán, tivo lugar unha rolda de prensa conxunta das executivas locais do Val Miñor, representadas polos Secretarios Xerais das agrupacións de Gondomar Juan Francisco Ferreira, Baiona e Nigrán e membros das executivas, xunto co Alcalde de Nigrán e Presidente da Mancomunidade, Efrén Juanes, e o deputado autonómico responsable da área de infraestructuras, Pablo López Vidal.

O obxectivo era claro. Unha vez abertos os necesarios enlaces da autoestrada nos concellos do Val Miñor, dende o PSdeG-PSOE, tanto da comarca como a nivel autonómico, esíxese ao Goberno da Xunta do PP que libere as peaxes da AG-57, co fin de estabrecer a gratuidade da interconexión dos Concellos da comarca miñoriana. Neste senso, presentáronse proposicións non de lei e demandas no parlamento galego, co fin de por fin a un dos tramos de autoestrada máis caros de España.

Por outra banda, dende o PSOE de Gondomar demándase á Xunta a humanización, aumento de seguridade e mellora da estrada de Gondomar a Ramallosa, recollendo o proxecto elaborado polo anterior goberno socialista de Xunta de paseo e carril-bici que chegaba incluso a subir cara a Couso. O PSOE de Gondomar esíxelle ao goberno do PP que aposte dunha vez polo noso concello e recupere un proxecto de vital necesidade e demanda social que foi elaborado polo goberno socialista con estricto respeto ao espazo natural por onde discorre e coas máis esixentes medidas de seguridade vial e peatonal.

No tocante ao proxecto de reforma da estrada PO-325 Vigo-Nigrán, o proxecto que elabora a Xunta de Galicia do PP supón, cunha deminución do ancho da calzada, unha importante merma das medidas de seguridade vial e peonil, ademáis de ser un proxecto feito sen consenso e sen consulta cos Concellos afectados. Os socialistas opinamos que o proxecto reformado de seguridade vial proposto polo actual goberno autonómico é unha aberración con meros motivos electorais, unha chapuza e despropósito.

Resumo da reunión das Executivas do Val Miñor

Las tres Ejecutivas socialistas de Gondomar, Baiona y Nigrán, junto con el alcalde de Nigrán y Presidente de la Mancomunidad del Val Miñor EFREN JUANES y el Secretario de Organización provincial y Diputado Nacional LUIS PIÑA, mantuvieron ayer una reunión para analizar la situación política que afecta a los tres ayuntamientos antes mencionados.
Entre las iniciativas políticas más significativas de los socialista, está como prioritaria instar a la Xunta de Galicia la GRATUIDAD DE PEAJE de los enlaces de la autopista del Val Miñor, lo que vendría a suponer una verdadera circunvalación y vía de conexión de los tres concellos, aseveró el Secretario General de Gondomar Francisco FERREIRA. Asímismo se planteó la instauración de un parque comarcal de bomberos, la ampliación del centro de salud de la Xunquera, un colegio oficial de idiomas para la comarca, o una pista de atletismo homologada para fomentar el deporte y dar cobertura a la demanda de los clubes y federaciones de la zona, en especial a la asociación atletica del Val Miñor y de reconocido prestigio a nivel nacional e internacional.

Juan Francisco Ferreira González.
Secretario General del PSdeG-PSOE