Archivo de la etiqueta: Peaxe

INICIATIVA DO PSOE GONDOMAR: LIBERALIZACIONS DAS PEAXES DA AUTOESTRADA E APOSTA POLO CARRIL BICI-PASEO A RAMALLOSA

I N I C I A T I V A

LIBERALIZACIÓN DA PEAXE NA INTERCOMUNICACIÓN DO VAL MIÑOR NA AG-57 E A EXECUCION DA HUMANIZACION E CARRIL-BICI DA PO-340 DE GONDOMAR A RAMALLOSA

Exposición de motivos:

No ano 2.008 a Xunta de Galicia aprobou un convenio con Autoestradas de Galicia para a execución dos ramais de enlace na Autoestrada do Val Miñor (AG-57). En dito convenio, entre outros, descríbese a realización de novos enlaces no termo municipal de Gondomar, Nigrán e Baiona, tales como os de Vilariño de Abaixo, Vilariño de Arriba-Parada e a conexión en Porto do Molle, Vilaza-Villarés, Vincios ou Sabarís, como unha mellora da funcionalidade da autoestrada e de interconexión dos tres Concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar).

Os movementos de vehículos xerados polos novos enlaces previstos, ben dentro do noso Concello de Gondomar ou na comarca do Val Miñor, quedan sometidos á peaxe coa excepción de Sabarís-Baredo e inverso, e dende Porto do Molle á rotonda da Estrada PO-552 e inverso. Así, os movementos de vehículos entre o Concello de Gondomar, Nigrán e o de Baiona e inverso deberán pagar peaxe, e lamentablemente incluso dentro do propio Concello de Gondomar no percorrido Vilaza-Vincios e inverso estará sometido á peaxe.

Dada a necesidade de conectar os tres Concellos que conforman o Val Miñor, de forma que se reduzan os problemas de tráfico rodado e peonil existente nas estradas que intercomunican os respectivos Concellos e especialmente na época estival, como é por exemplo, na conxestión do tráfico que sufre o cruce da Ramallosa, a Xunqueira en Nigrán, ou o cruce das avenidas Elduayen, A Feira e Diego Sarmiento no propio centro urbano de Gondomar, así coma o numeroso tránsito de peóns e ciclistas que a PO-340 soporta a diario dende Gondomar a Ramallosa fai necesaria a inmediata construción dun carril-bici e humanización deste vial para facilitar a seguridade viaria dos usuarios da mesma e asemesmo axudar á intercomunicación dos tres concellos do Val Miñor, e que no seu momento esta primeira reivindicación foi demandada neste sentido a través dunha moción plenaria presentada polo propio Partido Popular instando á Xunta de Galicia a que os enlaces de interconexión do Val Miñor foran libres de peaxe, e polo que agora, e ante o inminente remate das obras, proponse para o próximo Pleno Municipal a adopción do seguinte

P R O P O S T A

Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a que os enlaces de intercomunicación do Val Miñor, na Autoestrada AG-57, que recentemente foron inaugurados sexan declaradas libres de peaxe, así coma, comenzar as obras de execución do carril-bici que a anterior Xunta de Galicia tiña proxectado pola PO-340 dende Gondomar ata A Ramallosa.

Gondomar, a 08 de Marzo de 2010.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Gondomar.

Juan Francisco Ferreira González.